| |
-
Descrición: O Banco Europeo de Investimentos foi creado polo Tratado de Roma en 1958 como banco de crédito a longo prazo da Unión Europea. A base xurídica da institución financeira vén dada polos artigos 266 e 267 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea. O Banco goza de personalidade xurídica e a súa misión é contribuír á integración, o desenvolvemento equilibrado do mercado común e a cohesión económica e social a través dos mercados de capitais e os seus recursos propios.
O BEI obtén fondos nos mercados de capital que logo presta en condicións favorables aos proxectos conducentes á consecución dos obxectivos políticos da UE e adapta continuamente a súa actividade á evolución das políticas comunitarias.
En 2000 creouse o Grupo BEI, formado polo BEI e o FEI (do que o BEI é o accionista maioritario). Dentro do Grupo, o BEI concede créditos bancarios a medio e a longo prazo, mentres que o FEI está especializado en operacións de capital de risco e en garantías para a PEME.
-
Obxectivos: O seu obxectivo non é obter beneficios, senón facilitar, mediante a súa intervención, a realización de investimentos públicas e privadas e congregar outros investimentos arredor dos proxectos que financia. Estes proxectos poden ser de carácter moi diverso, pero deben axustarse a un dos seguintes obxectivos:
- desenvolvemento das rexións desfavorecidas da Unión Europea;
- modernización de empresas e creación de novas actividades que non poidan sufragarse completamente cos medios financeiros nacionais;
- axuda a investimentos en infraestruturas de interese comunitario que, pola súa amplitude ou o seu carácter, non pode financiar soamente un Estado membro.
-
Membros: O Banco Europeo de Investimentos está formado polos Estados membros, que participan na súa capital. Desde o 1 de xaneiro de 2007, a devandita capital ascende a 164 800 millóns de euros, coa adhesión de Romanía e Bulgaria á Unión Europea.
-
Eidos de actuación:O BEI actúa tanto dentro coma fóra da Unión Europea. A maioría dos préstamos do BEI atribúense a promotores de Estados membros (arredor do 90 por cento do volume total) apoiando ao desenvolvemento e integración da Unión.
Fóra da Unión, os préstamos réxense por unha serie de mandatos da Unión Europea en apoio de políticas europeas de cooperación e desenvolvemento en países socios.
Banco Europeo de Investimentos
100, boulevard Konrad Adenauer.
L- 2950 Luxemburgo.
Tfno: (352) 43 79-1.
Fax (352) 43 77 04
|
- Centro de información en España:
Banco Europeo de Investimentos
División España. Oficina de Madrid.
José Ortega y Gasset, 29 5º.
28006. Madrid.
Tfno: (91) 431 13 40.
Fax: (91) 431 13 83.
|
|