Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
IPE.Ayudas
Convocatoria: Leader +

 
 
  • Introducción: Resolución do 10 de agosto de 2001 pola que se comunica a apertura do prazo de presentación de proxectos para acollerse á iniciativa comunitaria Leader.
      •  
    O artigo 20, número 1º, letra c) do Regulamento CE nº 1260/1999, do Consello, do 21 de xuño de 1999, crea unha iniciativa relativa ó desenvolvemento rural. O 14 de abril de 2000 a Comisión das Comunidades Europeas adopta a comunicación dirixida ós estados membros pola que se fixan orientacións sobre a citada iniciativa comunitaria de desenvolvemento rural, denominada Leader (DOCE C 139 do 18.5.2000).
    Esta iniciativa pretende completa-los programas xerais, impulsando actividades integradas concibidas e aplicadas por grupos de cooperación que operen a escala local, de xeito semellante a como se concibiron as anteriores iniciativas comunitarias Leader I e Leader II.
     
  • Ámbitos de actuación: O obxectivo do Leader é incitar e axuda-los axentes do mundo rural a reflexionar sobre o potencial do seu territorio nunha perspectiva a máis longo prazo. Así mesmo, a dita iniciativa intenta fomenta-la aplicación de estratexias orixinais de desenvolvemento sustentable integradas, de calidade e destinadas á experimentación de novas formas de valoración do patrimonio natural e cultural, de mellora do contorno económico co fin de contribuír á creación de emprego e de mellora da capacidade de organización das respectivas comunidades.

  • De conformidade coas directrices contidas na comunicación da comisión ós estados membros antes citada, a Xunta de Galicia presentou para a súa aprobación un programa rexional co obxecto de articula-la aplicación da iniciativa na Comunidade Autónoma.
     
  • Condiciones de accesibilidad: 
    • Criterios generales
      • Esta convocatoria sométese ás bases reguladoras contidas no programa rexional Leader aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo coas orientacións contidas na comunicación da Comisión das comunidades Europeas ós estados membros, do 14 de abril de 2000 (2000/C139/05). Así mesmo, sométese á Decisión da comisión nº C(2001)1245, do 18 de maio.
      • A selección dos programas e dos grupos de acción local participantes na convocatoria efectuarase mediante resolución da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, tralo acordo adoptado pola comisión de selección.

      • O prazo para dictar resolución expresa e notificala ós interesados será de 3 meses contados desde a publicación desta convocatoria. O vencemento de ese prazo sen que se dicte a resolución expresa lexitima ó interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.
    • Solicitudes
      • As solicitudes indicarán, polo menos, a denominación completa, CIF, enderezo e representante legal do solicitante.
      • Á solicitude xuntaráselle a seguinte documentación:
        • Descrición do grupo de acción local
        • Definición do territorio de aplicación
        • Proxecto de desenvolvemento rural
        • Análise do territorio
        • Diagnóstico
        • Elección e xustificación do/s tema/s aglutinador/es
        • Deseño da extratexia e obxectivos perseguidos
        • Fichas tipo de actuacións por eixes
        • Plan de financiamento por eixes e anos
        • Procedemento de xestión e aplicación
        • Compromiso de nomeamento do responsable económico-financeiro
        • Certificacións dos acordos das administracións locais implicadas nas que se recolla o compromiso de achega-lo financiamento que corresponda a esta administración segudo o plan financeiro do programa presentado.
      • A documentación presentarase por triplicado. Dada a participación da Unión Europea e do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación na iniciativa comunitaria é preciso que dous dos exemplares se presenten integramente en castelán.
        •  
  • Finaciación:  O programa rexional establece como modalidade de aplicación a subvención global. Conta cunha dotación orzamentaria de 54,5 millóns de euros provenientes do fondo estructural FEOGA-O da Unión Europea para o período 2000-2006 e afecta a todo o territorio de Galicia exceptuando os núcleos urbanos das cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Ferrol, Pontevedra e Vigo. O resto de financiamentos públicos previstos son:
    • Administración autonómica: 9,9 millóns de euros
    • Administración central: 9,8 millóns de euros
    • Administración local: 7,5 millóns de euros
  • Plazo de presentación de solicitudes:  17.09.2001
  • Lugar de presentación de solicitudes:
    • Presentaranse en: 

    •  
      Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
      Rúa da Fonte de Santo Antonio, nº 1
      15702 Santiago de Compostela
           
    • ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
        •  
  • Órgano de xestión: A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ten atribuídas as funcións de xestión, control e seguimento da iniciativa Leader en relación ó desenvolvemento rural, de acordo coa disposición adicional sexta da Lei 5/2000, do 28 de decembro, na que se crea a axencia, e co Decreto 79/2001, do 6 de abril, no que se aproba o Regulamento da axencia.
  • Documento de publicación:  DOG 161 de 21.08.2001, pág. 11.196