Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
Segunda convocatoria de proxectos Interreg III B Cooperación Transnacional. Espazo Atlántico.
 
  
  • Ámbitos de actuación: o obxectivo principal deste programa de cooperación transnacional en materia de ordenación territorial é o de mellorar a cohesión socioeconómica no Espazo Atlántico. Tratarase de reforzar o desenvolvemento sostíbel das rexións implicadas.
    As prioridades estratéxicas do Programa Interreg III-B Espazo Atlántico que se asentan nas liñas directrices en materia de ordenación do territorio presentadas no Esquema Territorial Europeo (ETE, antes PEOT), son as seguintes:
    • 1. Estruturación policéntrica do espazo e desenvolvemento de polos de competencia
    • 2. Desenvolvemento de sistemas de transporte, asegurando unha mobilidade duradeira e mellorando o acceso á sociedade da información.
    • 3. Promoción do medio natural, xestión sostíbel das actividades económicas e dos recursos naturais.
    • 4. Reforzo e promoción da identidade atlántica na globalización.

    Cada unha das prioridades divídese á súa vez en varias medidas concretas especificadas no Programa operativo. A segunda convocatoria non se dirixe a todas as medidas do programa, senón unicamente ás seguintes:

    Prioridade B: Desenvolvemento de sistemas de transporte
    Prioridade D: Reforzo e promoción da identidade atlántica na globalización

  • Requisitos dos proxectos: as propostas serán de carácter transnacional, deberán implicar como mínimo a socios de dous países do espazo de cooperación e presentaranse obrigatoriamente por medio do formulario de candidatura estabelecido para o efecto.
  • Financiamento: o cofinanciamento achegado polo FEDER ao presente Programa para a totalidade do período 2000- 2006 é de 118.979.087 euros. O importe da axuda do FEDER dispoñíbel para esta convocatoria, a título indicativo, é de 25.603.729 euros para a prioridade B e 14.207.274 euros para a prioridade D.
  • Beneficiarios: o programa está aberto a financiar proxectos tanto do sector público como do sector privado. Todos os proxectos deberán estar liderados por un xefe de fila, que será responsábel financeira e xuridicamente da globalidade do proxecto fronte á Autoridade de Xestión do Programa.
  • Prazo de presentación de solicitudes: do 01.04.2004 ao 30.06.2004
       
  • Rexión obxectivo: o Espazo Atlántico está constituído polas seguintes rexións pertencentes aos cinco Estados arriba citados:
    • España : Comunidades Autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, Navarra, País Vasco, A Rioxa, Casela e León, Canarias, Andalucía (Huelva, Cádiz e Sevilla),
    • Francia : as rexións de Aquitaine, Poitou-Charentes, Pays de la Loire, Bretagne, Basse- Normandie, Haute-Normandie, Limousin, Centre e Midi-Pyrénées,
    • Irlanda : (todo o país)
    • Portugal : (todo o país)
    • Reino Unido: as rexións de Cumbria, Lancashire, Greater Manchester, Cheshire, Merseyside, Worcestershire and Warwickshire, Avon, Gloucestershire and Wiltshire, Dorset and Somerset, Cornwall and Devon, Staffordshire, Herefordshire, Shropshire, West Midlands, as 22 Unitary Authorities of Wales, Northern Ireland, Highlands and Island e South Western Scotland.
  •  

  • Lugar de presentación de solicitudes
  • Secrétariat Commun Interreg III B

    « Espace Atlantique » Région Poitou-Charentes, 15 rue de l’Ancienne Comédie, BP 575, 86021 POITIERS Cedex FRANCE por correo electrónico ao enderezo seguinte : interreg@poitou-charentes.fr