Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 

IPE.Axudas
Convocatoria: Apoio ás medidas de información no ámbito da política agrícola común (2004/C 267/07)

 
 
  • Introdución: 
    • O 17 de abril de 2000, o Consello adoptou o Regulamento (CE) núm. 814/2000, sobre as medidas de información no ámbito da política agrícola común, onde se definen o tipo e o contido das medidas que pode financiar a Comunidade.
    • De conformidade co Regulamento (CE) núm. 2208/2002, modificado polo Regulamento (CE) núm. 1820/2004, a presente convocatoria de propostas especifica os temas e medidas que se consideran prioritarios, así como os prazos para a presentación de solicitudes e o inicio das medidas.
      •  
  • Ámbitos de actuación: 
    • As prioridades para 2005 son as actividades de comunicación arredor de cuestións relacionadas coa calidade dos produtos agrícolas europeos e os medios de que se sirven a política agrícola común (PAC) e as organizacións comúns de mercado (OCM) para apoiar a integración dos requisitos ambientais na PAC e a garantía e continua mellora da calidade dos produtos. As mensaxes que se desexan transmitir son as seguintes:
      • reforma da PAC: novos instrumentos; a saber: pagamentos únicos e disociación das axudas,
      • propostas de reforma da Comisión no ámbito da política de desenvolvemento rural.
      • vínculos entre as axudas agrícolas e o cumprimento das normas sobre protección do medio natural e benestar dos animais (condicionalidade),
      • maior apoio aos sistemas agrarios tradicionais de elevado valor ambiental, entre eles os sistemas de produción ecolóxica,
      • aumento da competitividade da agricultura da Unión Europea,
      • concentración en produtos e servizos solicitados polo público co fin de orientalos en maior medida ao mercado,
      • vantaxes para o comercio e os consumidores das garantías que ofrecen os sistemas comunitarios de indicacións xeográficas e métodos específicos de produción,
      • beneficios da política de calidade e os sistemas de etiquetaxe europea para a promoción das exportacións e o acceso a mercados de terceiros países,
      • OMC: disciplinas da Ronda de Doha.
    • Os destinatarios destas medidas son as seguintes:
      • os sectores agrario e alimentario de Europa, incluídos os consumidores,
      • o público en xeral
    • Os solicitantes deberán explicar motivadamente que canle ou canles de comunicación consideran máis idóneas neste ámbito para un determinado aspecto e un determinado público.
        •  
  • Instrucións xerais para a presentación de solicitudes: 
    • Antes de cubrir a solicitude, os solicitantes deberán ler atentamente o Regulamento (CE) núm. 814/2000, o Regulamento (CE) núm. 2208/2002 e todos os anexos da presente convocatoria 
         
  • Financiamento: 
    • A participación da Comisión ascenderá, como máximo, ao 50% dos custos subvencionábeis. Con carácter excepcional, esta porcentaxe poderá incrementarse até o 75% nas condicións estabelecidas no apartado 2 do art.7 do Regulamento (CE) n22202/2002.
  • Prazo de presentación de solicitudes:  17.01.2005
  • Lugar de presentación de solicitudes: O impreso correspondente, debidamente cuberto, asinado e datado, así como os demais documentos esixidos, remitiranse en cinco exemplares, mediante correo certificado con notificación de recepción ao enderezo seguinte:

  •  
    Comisión Europea
    Unidade AGRI.B.1
    Convocatoria de propostas 2004/C 267/07
    ATT.Sr. Leguen de Lacroix
    L130 4/148A

    Rue de la Loi/Wetstraat 200
    B-1049 Bruxelles/Brussel

     
  • Centros de información comunitarios
      •  
    Comisión Europea
    DX Agricultura
    Rue de la Loi 200/Wetstraat 200
    B-1049 Bruxelles/Brussel
    Teléfono: (32-2) 299 11 11 &CENTRAL
    Télex: 21877 COMEU B