Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
Segunda convocatoria: Interreg IV B Cooperación Territorial. Espazo Sudoeste europeo (SUDOE)
 
  
  • Descrición: a presente convocatoria de proxectos está aberta a dúas das catro prioridades do Programa Operativo do Espazo SUDOE:
    1. Promoción da innovación e a constitución de redes estables de cooperación en materia tecnolóxica
    2. Mellora da sostibilidade para a protección e conservación do medio e do entorno naturais do SUDOE
  • Prioridades temáticas: no marco desas dúas prioridades, as candidaturas de proxectos deberán centrarse en operacións que vaian achegar respostas aos desafíos aos que se enfrontan as rexións da Unión Europea en xeral e do SUDOE en particular. As temáticas seleccionadas son as seguintes:

    - Prioridade 1: Transferencia de tecnoloxía
    - Prioridade 1: Promoción da I+D+i e mellora da competitividade
    - Prioridade 2: Cambio climático
    - Prioridade 2: Xestión de riscos
    - Prioridade 2: Enerxía
    - Prioridade 2: Xestión forestal
    - Prioridade 2: Biodiversidade

  • Requisitos dos proxectos: as propostas serán de carácter transnacional, deberán implicar como mínimo a socios de dous países do espazo de cooperación e presentaranse obrigatoriamente mediante o formulario de candidatura establecido para os efectos.
  • Financiamento: a cantidade de axuda FEDER dispoñible para esta segunda convocatoria ascende a un total de 25.385.952,13 € para o conxunto das dúas prioridades abertas.

A título indicativo, a cantidade dispoñible repartirase da seguinte forma:

  • Prioridade 1: 14.815.665,13 euros
  • Prioridade 2: 10.569.952,13 euros

A taxa de cofinanciamento FEDER dos proxectos está fixada, segundo o Programa Operativo, no 75%. Porén, o orzamento das candidaturas de proxectos deberá respectar as cantidades determinadas no texto oficial da convocatoria.

  • Beneficiarios: o programa está aberto a finanzar proxectos de todos os organismos públicos ou aqueles equiparables a públicos así como as entidades privadas sen ánimo de lucro. Esta convocatoria de proxectos non está aberta ás empresas de carácter industrial ou mercantil. Non obstante, as entidades privadas que desexen implicarse no desenvolvemento dun proxecto poden participar achegando os seus propios fondos.
  • Prazo de presentación de solicitudes: desde o 16.11.2009 ata o 30.04.2010
  • Autoridade de Xestión
    Dirección Xeral de Economía do Goberno de Cantabria

    Rúa Hernán Cortes, nº9, 6ª planta E

    39003 SANTANDER

    Teléfono: +34 942 20 79 07

    Fax: +34 942 20 79 13

    O responsable da AUG é Maximino VALLE GARMENDIA: aug@interreg-sudoe.org
       

  • Secretariado Técnico Conxunto

    Isabelle ROGER

    Praza do Príncipe, nº 4, 1ª planta

    39003 SANTANDER

    ESPAÑA

    Contacto xeral:

  • Corresponsal nacional en España

    Ministerio de Economía e Facenda

    Dirección Xeral de Fondos Comunitarios

    Paseo da Castellana 162

    28046 MADRID

    Persoa de contacto: Rosario NIETO

    Tel: +34 91 5835267

    Fax: +34 91 583 73 17

    E-mail: rnieto@sgpg.meh.es

  • Rexión obxetivo: o espazo Sudoeste Europeo está constituido polas seguintes rexións de catro Estados membros:
    • España: a totalidade do territorio.
    • Portugal: a totalidade do territorio.
    • Francia: Aquitaine, Auvergne, Languedoc-Roussillon, Limousin, Midi-Pyrénéés e Poitou-Charentes.
    • Reino Unido: Xibraltar
    '
  • Lugar de presentación de solicitudes: para que as solicitudes sexan tidas en consideración será obrigatorio o dobre envío:
    • Versión electrónica: Para participar na segunda convocatoria de proxectos, os promotores de proxecto han de rexistrarse na aplicación informática para obter unha identificación e unha palabra chave que lle permita introducir de maneira continuada a información requirida en calquera parte do formulario así como proceder á súa corrección. Déase de alta na aplicación a través da seguinte ligazón: https://intranet.interreg-sudoe.eu/registro
    • Versión papel: indicarase no sobre “Convocatoria de proxectos SUDOE”, a prioridade e o acrónimo do proxecto.
  • Secretariado Técnico Conxunto SUDOE

    Praza do Príncipe, nº 4, 1ª planta 39003 Santander

     

  • Documento de publicación: Sitio Internet Interreg Sudoe