Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
ED A Coruña.Axudas
Programa: Cultura (2007-2013)

 
  • Base legal:
    • Decisión nº 1903/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de decembro de 2006 pola que se establece o programa Cultura (2007-2013) DOUE L 378/22 do 27.12.2006
    • Corrección de erros da Decisión nº 1903/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, pola que se establece o programa Cultura (2007-2013), DOUE L 52/15 do 21.02.2007, e pola que queda vixente a publicación do mesmo texto como «Decisión nº 1855/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006» no DO L 372 do 27.12.2006, p. 1.
       
  • Período de vixencia: 01.01.2007-31.12.2013
     
  • Descrición: A decisión mencionada establece o programa Cultura, un programa plurianual único para as accións comunitarias no ámbito da Cultura, aberto a todos os sectores culturais e a todas as categorías de operadores culturais.

  • Obxectivos: O obxectivo xeral do programa consistirá en impulsar un espazo cultural compartido polos europeos e baseado nunha herdanza cultural común, mediante o desenvolvemento dunha cooperación cultural entre creadores, axentes culturais e institucións culturais dos países participantes no programa, co fin de favorecer o xurdimento dunha cidadanía europea.

    Os obxectivos específicos do programa serán os seguintes:
    • promover a mobilidade transnacional dos axentes culturais;
    • fomentar a circulación transnacional de obras e produtos artísticos e culturais;
    • favorecer o diálogo intercultural.
       
  • Liñas de acción:  Para a consecución dos obxectivos xerais e específicos do programa poranse en marcha as seguintes accións:

    • Primeiro capítulo: Apoio a accións culturais
      • Proxectos plurianuais de cooperación
      • Accións de cooperación
      • Accións especiais

    • Segundo capítulo: Apoio a organismos activos a escala europea no ámbito cultural

    • Terceiro capítulo: Apoio a traballos de análise, así como á recompilación e difusión de información e a actividades destinadas a maximizar o impacto dos proxectos no ámbito da cooperación cultural
      • Apoio aos puntos de contacto cultural
      • Apoio a traballos de análise no ámbito da cooperación cultural
      • Apoio á recompilación e a difusión de información e ás actividades destinadas a maximizar o impacto dos proxectos no ámbito da cooperación cultural

  • Beneficiarios: O Programa estará aberto á participación dos países da AELC, dos países candidatos que se acollan a unha estratexia de preadhesión á Unión Europea, dos países dos Balcáns Occidentais e á cooperación con outros terceiros países que haxan concluído coa Unión Europea acordos de asociación ou de cooperación que conteñan cláusulas culturais, en virtude de créditos adicionais e modalidades específicas que deberán convirse.

    No Programa poderán participar as industrias culturais non audiovisuais, en particular empresas culturais de pequenas dimensións, cando estas industrias actuen como industrias culturais sen ánimo de lucro.

  • Orzamento: A dotación financeira para a execución do presente programa será de 400 millóns de euros.

  • Centros de información comunitarios

  •  
    eac-info@ec.europa.eu

     
  • Punto de contacto cultural de España:

  •  

    Ministerio de Cultura
    Punto Europeo de Ciudadanía (PEC)

    Secretaría Xeral Técnica
    Plaza del Rey nº 1
    28004 Madrid
    Tel: +34 91 701 74 66
    Fax: +34 91 701 72 19
    pec.cultura@mcu.es

    Web

  • Centro de información en Galicia:

    Consellería de Cultura e Deporte
    Mar Nogueira
    Técnica de Asuntos Europeos Culturais
    Fundación Galicia Europa
    Rue de la Loi 38 a 2 °
    B-1040 Bruxelles (Belgique)
    Tel.: +32 (0) 2.234.69.22
    Fax: +32 (0) 2.735.46.48
    mar.nogueira @ xunta.es

  • Outros documentos na rede:
    • Decisión nº 1622/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de outubro de 2006, pola que se establece unha acción comunitaria en favor da manifestación "Capital europea da Cultura" para os anos 2007 a 2019 (DOUE L 304/1 de 03.11.2006)
    • Decisión nº 1419/1999/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 25 de maio de 1999, pola que se establece unha acción comunitaria a favor da manifestación "Capital europea da cultura" para os anos 2005 a 2019 (DOUE L 166/1 de 01.07.1999)
    • Capital europea da Cultura
    • Portal europeo da Cultura