Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
  ED A Coruña. Axudas
Programa: MEDIA 2007 - Programa de apoio ao sector audiovisual Europeo
 
 
  • Base legal:
    • Art. 157 do Tratado constitutivo das Comunidades Europeas
    • DECISIÓN Nº 1718/2006/CE DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 15 de novembro de 2006 relativa á aplicación dun programa de apoio ao sector audiovisual europeo (MEDIA 2007) [DO L 327/12 do 24.11.2006]

  • Período de vixencia: 01.01.2007 - 31.12.2013

  • Descrición e obxectivos: O programa ten por obxecto fortalecer economicamente o sector audiovisual para que poida desempeñar de forma óptima as súas funcións culturais mediante o desenvolvemento dun sector cun contido potente e diversificado e un patrimonio valioso e accesible, así como proporcionar un valor engadido á axuda nacional.

    Os obxectivos xerais do programa son os seguintes:
    a) preservar e realzar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, garantir que o público poida acceder a eles, e favorecer o diálogo intercultural;
    b) aumentar a circulación e a audiencia das obras audiovisuais europeas dentro e fóra da Unión Europea, inclusive mediante unha maior cooperación entre os axentes;
    c) reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado europeo aberto e competitivo, favorable ao emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual;

    Obxectivos específicos para a fase previa á produción audiovisual: polo que se refire á adquisición e a formación de competencias no ámbito audiovisual, os obxectivos do programa serán os seguintes:

    Reforzar as competencias dos profesionais europeos do sector audiovisual nos ámbitos do desenvolvemento, a produción, a distribución e difusión e a promoción, co fin de mellorar a calidade e as posibilidades das obras audiovisuais europeas. O programa apoiará especialmente accións relativas a :
    a) as técnicas de escritura de guións, co fin de aumentar a calidade das obras audiovisuais europeas e as súas posibilidades de circulación;
    b) a xestión económica, financeira e comercial da produción, a distribución e a promoción das obras audiovisuais, para permitir a elaboración de estratexias europeas a partir da fase de desenvolvemento;
    c) a consideración, a partir dun primeiro momento, das tecnoloxías dixitais para a produción, a posproducción, a distribución, a comercialización e o arquivo de programas audiovisuais europeos.

    Mellorar a dimensión europea das accións de formación audiovisual mediante:
    a) unha axuda ao traballo en rede e á mobilidade dos axentes europeos da formación, en particular:as escolas de cinematografía europeas, os institutos de formación, os axentes do sector profesional;
    b) a formación dos formadores;
    c) a axuda ás escolas de cinematografía;
    d) o establecemento de accións de coordinación e de promoción dos organismos financiados no marco das accións enumeradas no punto 1.

    Permitir, mediante a concesión de bolsas, que os profesionais orixinarios dos Estados membros que se adheriron á Unión Europea con posterioridade ao 30 de abril de 2004 participen nas accións de formación enumeradas no punto 1.

    No ámbito do desenvolvemento, os obxectivos do programa serán os seguintes:
    a) apoiar o desenvolvemento de proxectos de produción destinados ao mercado europeo e internacional, presentados por empresas de produción independentes;
    b) apoiar a elaboración de plans de financiamento para as empresas de produción europeas, en particular o financiamento de coproducións.

    Obxectivos específicos
    para a fase posterior á produción audiovisual. No ámbito da distribución e a difusión, os obxectivos do programa serán os seguintes:
    a) reforzar o sector da distribución europea alentando aos distribuidores para investir na coprodución, a adquisición e a promoción de películas europeas non nacionais e a establecer estratexias coordinadas de comercialización;
    b) mellorar a circulación das películas europeas non nacionais nos mercados europeo e internacional con medidas que fomenten a súa exportación, a súa distribución en todos os soportes e a súa programación en salas de cine;
    c) promover a difusión transnacional das obras audiovisuais europeas producidas por empresas de produción independentes alentando a cooperación entre os difusores, por unha parte, e os produtores e distribuidores independentes, por outra parte;
    d) favorecer a dixitalización das obras audiovisuais europeas e o desenvolvemento dun mercado dixital competitivo;
    e) animar ás salas a que aproveiten as posibilidades que ofrece a distribución en formato dixital.

    No ámbito da promoción, os obxectivos do programa serán os seguintes:
    a) mellorar a circulación das obras audiovisuais europeas garantíndolle ao sector audiovisual europeo un acceso aos mercados profesionais europeos e internacionais;
    b) mellorar o acceso do público europeo e internacional ás obras audiovisuais europeas;
    c) favorecer accións comúns entre organismos nacionais de promoción de películas e programas audiovisuais;
    d) favorecer accións de promoción do patrimonio cinematográfico e audiovisual europeo e a mellora do acceso do público ao devandito patrimonio tanto a nivel europeo como internacional


  • Ámbitos de actuación:

    1. Adquisición e perfeccionamento de competencias no eido audiovisual
  • 2. Desenvolvemento

    3. Distribución e difusión

4. Promoción

5. Proxectos piloto


  • Beneficiarios: 

    • Estados membros
    • Outros países:
      • Os países en vías de adhesión á Unión Europea e os países da EAEL que son parte do acordo EEE.
      • O Consello Europeo de Salónica do 19 e 20 de xuño de 2003 adoptou o "Programa para os Balcáns Occidentais: avanzar na integracion europea", que prevé que os programas comunitarios deben estar abertos aos países do Proceso de Estabilización e Asociacion en virtude de acordos marco que deben asinarse entre a Comunidade e os devanditos países.
      • os demais países europeos asinantes do Convenio do Consello de Europa sobre a televisión transfronteiriza e que pertencen ao espazo audiovisual europeo.

  • Financiamento: 
    • A dotación financeira para a execución do presente programa, durante o período 2007-2013, será de 754 950 000 €.
    • A Autoridade Presupostaria autorizará os créditos anuais dentro do límite do marco financeiro.