|
Galego / Castellano |
![]()
Axudas
Programa:
Emprego-NOW (Igualdade de oportunidades
para a muller no emprego).
A iniciativa "Emprego e valorización dos novos recursos humanos" é un programa comunitario que ten por obxecto contribuír ao desenvolvemento dos recursos humanos e á mellora do funcionamento do mercado de traballo co fin de impulsar o crecemento do emprego e fomentar a solidariedade social na Unión Europea así como a igualdade de oportunidades para as mulleres no mercado laboral. A iniciativa presenta catro obxectivos interrelacionados que se corresponden con catro capítulos distintos pero interconectados:
- fomentar a igualdade de oportunidades de emprego para as mulleres, especialmente medidas de formación de acceso a empregos con futuro e a postos de dirección. ("Emprego-NOW");
- mellorar as posibilidades de emprego das persoas minusválidas ("Emprego-Horizon");
- favorecer a integración no mercado de traballo dos mozos, en especial daqueles que carecen das cualificacións básicas ou de formación ("Emprego-Youthstart");
- promover medidas para mellorar o acceso ao mercado de traballo e as posibilidades de emprego dos grupos vulnerables excluídos del ou en perigo de estalo ("Emprego-Integra").
O obxectivo xeral da iniciativa EMPREGO é o seguinte:
- fomentar a solidariedade social e a igualdade de oportunidades;
- contribuír ao desenvolvemento dos recursos humanos;
- mellorar as posibilidades de acceso ao mercado laboral.
- Novos sistemas de orientación, formación, asesoramento e emprego que contribúan á creación de redes de cooperación entre organismos de formación para fomentar a igualdade de oportunidades no mercado laboral e desenvolver servicios de orientación para a planificación profesional das mulleres.
- Un sistema de formación que inclúe programas adecuados de orientación, colocación e axuda que tomen en consideración as necesidades específicas da muller tales como o incremento das capacidades e competencias, a formación continua, a axuda na busca de emprego, incluíndo a formación de formadores en novos conceptos e métodos que garantan os aspectos relativos á igualdade de oportunidades.
- Apoio á creación de empregos, incluíndo o desenvolvemento de disposicións de formación e emprego para mulleres que desexen dirixir e xestionar unha PEME en réxime de cooperativa.
- Sensibilización e especialmente a creación de redes, bancos de datos e o deseño de estudios sobre a igualdade de oportunidades aproveitando os resultados de accións encamiñadas a aumentar a concienciación dos principais actores e da opinión publica en xeral sobre o tema.
Transnacionalidade: Cada proxecto debe agrupar a diferentes socios transnacionais (polo menos un, pero preferentemente 2 ou máis). Esta asociación transnacional implicará a concepción conxunta e a aprobación dun programa de traballo común.
Innovación: Cada proxecto deberá comportar un aspecto innovador, xa sexa a nivel de contido, de realización ou de elección dos axentes locais asociados.
A implicación do nivel local: Os proxectos terán que implicar a unha amplia serie de individuos e organizacións a nivel local co obxecto de poñer en común os seus coñecementos e experiencias para acadar un maior impacto sobre o emprego.
Carácter complementario: Os obxectivos da iniciativa EMPREGO resultan complementarios aos doutras accións comunitarias, tales como os programas LEONARDO, SÓCRATES, HELIOS e Igualdade de oportunidades, así como a outras iniciativas comunitarias e en particular os programas URBAN e PEME.
Efecto multiplicador: A experiencia achegada polo programa debería documentarse, avaliarse e difundirse ampliamente nas redes especializadas e profesionais así como entre o público.
- Desempregadas ou traballadoras ameazadas polo paro.
- Mulleres que desexan reintegrarse ao mercado de traballo.
- Mulleres que desexan comezar a súa propia actividade.
- Mulleres que buscan unha promoción profesional.
- Mulleres que desexan acceder a sectores maioritariamente masculinos.
- Traballadoras inmigrantes.
- Nais solteiras ou mulleres soas, con cargas familiares.
- Mulleres con escasas ou ningunha cualificación.
Gerhard Welbers. EUROPS.
2/3 Place du Luxembourg.
B-1050. Bruxelas.
Tel.: +(32.2) 511.15.10.
Fax.:+(32.2) 511.19.60.Comisión Europea.
D.X. V. Emprego, Relacións Industriais e Asuntos Sociais.
Rue de la Loi 200.
B-1049. Bruxelas.
Lourdes García.
Instituto da Muller.
R/ Condesa Venadito, 34.
Madrid. E - 28027.
Tel. : + (34.1) 347.79.75.
Fax : + (34.1) 347.80.73
- administracións locais e rexionais,
- sindicatos,
- organismos,
- centros de formación,
- asociacións de mulleres,
- organizacións en pro da igualdade de oportunidades,
- universidades,
- escolas técnicas e profesionais,
- axencias de desenvolvemento local e organizacións non gobernamentais.