Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 


 

Emprego e Asuntos Sociais

Fondos - Programas e Instrumentos
 

Fondos

Programa
Descripción
Período

Fondo Social Europeo (FSE)

O FSE contribuirá a executar as prioridades da Comunidade polo que respecta ao reforzo da cohesión económica e social mellorando o emprego e as oportunidades de traballo, favorecendo un alto nivel de emprego e a creación de máis e mellores postos de traballo.

 

2007-2013

 

Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG)

A creación do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización permite á Comunidade a prestación de axuda aos traballadores despedidos como consecuencia de grandes cambios estruturais nos patrones do comercio mundial provocados pola globalización, cando os devanditos despedimentos teñan unha incidencia negativa importante na economía rexional ou local.

2007-2013

 

Programas e Instrumentos

Programa
Descripción
Período
Programa comunitario para o emprego e a solidariedade social, destinado a apoiar financeiramente a execución dos obxectivos da Unión Europea en materia de emprego e asuntos sociais.
2007-2013

Ano Europeo da loita contra a pobreza e a exclusión social

Alentar a participación e o compromiso político de tódolos sectores sociais sen excepción para que se involucren na loita contra a pobreza e a exclusión social, xa sexa a nivel europeo ou local, na esfera pública ou privada.

 

2010

 

Instrumento Europeo de Microfinanciamento

O obxectivo do novo Instrumento Europeo de Microfinanciamento é facilitar as microempresas o acceso ao crédito dentro do actual contexto de contracción crediticia. Para as persoas que quedaron sen emprego e desexan crear ou ampliar a súa propia pequena empresa, ofrece microcréditos e avais.

 

2010-2013