|
Galego / Castellano |
![]()
Axudas
Programa:
Emprego-HORIZON (Mellora das perspectivas
de emprego das persoas minusválidas e outros grupos desfavorecidos).
A iniciativa "Emprego e valorización dos novos recursos humanos" é un programa comunitario que ten por obxecto contribuír ao desenvolvemento dos recursos humanos e á mellora do funcionamento do mercado de traballo co fin de impulsar o crecemento do emprego e fomentar a solidariedade social na Unión Europea así como a igualdade de oportunidades para as mulleres no mercado laboral. A iniciativa presenta catro obxectivos interrelacionados que se corresponden con catro capítulos distintos pero interconectados:
- fomentar a igualdade de oportunidades de emprego para as mulleres, especialmente medidas de formación de acceso a empregos con futuro e a postos de dirección. ("Emprego-NOW");
- mellorar as posibilidades de emprego das persoas minusválidas ("Emprego-Horizon");
- favorecer a integración no mercado de traballo da mocidade, en especial daqueles que carecen das cualificacións básicas ou de formación ("Emprego-Youthstart");
- promover medidas para mellorar o acceso ao mercado de traballo e as posibilidades de emprego dos grupos vulnerables excluídos del ou en perigo de o estar (" Emprego-Integra").
O obxectivo xeral da iniciativa EMPREGO é o seguinte:
- fomentar a solidariedade social e a igualdade de oportunidades;
- contribuír ao desenvolvemento dos recursos humanos;
- mellorar as posibilidades de acceso ao mercado laboral.
- sistemas innovadores de orientación, formación, asesoramento e emprego dirixidos a adaptar o posto de traballo ás novas tecnoloxías, fomentar a flexibilidade de aprendizaxe e formación, crear infraestruturas sociais en zonas urbanas así como centros de acollida, orientación e emprego;
- unha formación que comprenda programas de orientación, colocación e asistencia axeitados para incrementar as competencias de base como primeiro paso cara a rehabilitación funcional e a reintegración social así como a formación de expertos e de responsables de recursos humanos en ámbitos relacionados coa adaptación e reorganización dos postos de traballo;
- axuda á creación de empregos, baseada en enfoques innovadores da organización do traballo, á redución dos custos laborais para os empresarios, postos de traballo subvencionados, novos programas de ocupación, asistencia á transición dun contorno adecuado ao posto de traballo e creación de novas formas de asociación entre os sectores público e privado;
- sensibilización co fin de informar aos que se lles destina a iniciativa de posibilidades de formación e emprego existentes, así como de sensibilizar á opinión pública e aos empresarios do potencial ocupacional destes colectivos.
- Transnacionalidade: Cada proxecto debe agrupar a diferentes socios transnacionais (polo menos un, pero preferentemente 2 ou máis). Esta asociación transnacional implicará a concepción conxunta e a aprobación dun programa de traballo común.
- Innovación: Cada proxecto deberá comportar un aspecto innovador, xa sexa a nivel de contido, de realización ou de elección dos axentes locais asociados.
- A implicación do nivel local: Os proxectos terán que implicar a un amplo conxunto de individuos e organizacións a nivel local co obxecto de poñer en común os seus coñecementos e experiencias para acadar un maior impacto sobre o emprego.
- Carácter complementario: Os obxectivos da iniciativa EMPREGO resultan complementarios aos doutras accións comunitarias, tales como os programas LEONARDO, SÓCRATES, HELIOS e Igualdade de oportunidades, así como a outras iniciativas comunitarias e en particular os programas URBAN e PEME.
- Efecto multiplicador: A experiencia facilitada polo programa debería documentarse, avaliarse e difundirse ampliamente nas redes especializadas e profesionais así como entre o público.
- Persoas con minusvalías físicas.
- Persoas con dificultade de aprendizaxe.
- Persoas que sofren unha enfermidade mental.
- Persoas con discapacidads sensoriais.
- Outros grupos de persoas desfavorecidos: emigrantes, refuxiados, persoas sen fogar, toxicómanos, alcohólicos, seropositivos, nómadas, mulleres con cargas familiares non compartidas, persoas ailladas, poboación penitenciaria e ex-reclusos.
Comisión Europea.
DX V. Emprego, Relacións Industriais e Asuntos Sociais.
Rue de la Loi 200.
B-1049. Bruxelas.Gerhard Welbers.
EUROPS. 2/3 Place du Luxembourg.
B-1050. Bruxelas.
Tel.: +(32.2) 511.15.10.
Fax.:+(32.2) 511.19.60.
| Unidade Coordinadora Horizon. Ministerio de Asuntos Sociais. Avda. Ilustración s/n. 28029. Madrid. Tfno: +91/347 88 55. Fax: +91/347 86 33. |
José De Santiago. IMSERSO.
Xinzo de Limia.
E-28029. Madrid.
Tel. : + (34.1) 347.86.32.
Fax : + (34.1) 347.85.95.
Estrutura Nacional de Apoio.M. Angeles Riesco.
U.A-Fondo Social Europeo.
Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
Pío Baroja, 6 , 1º planta.
29071 Madrid.
Tfno: +91/409 09 41.
Fax: +91/574 16 01.
- administracións locais e rexionais,
- organizacións non gobernamentais de persoas minusválidas ou grupos desfavorecidos,
- organizacións de solidariedade para emigrantes, refuxiados e minorías étnicas,
- centros de acollida e reintegración,
- axentes sociais,
- empresas,
- axencias locais de desenvolvemento económico,
- centros de formación, orientación e colocación,
- universidades,
- centros de investigación ou outras institucións de educación.