| |
- Base legal:
- Decisión
nº 283/2010/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de marzo de 2010 por
a que se establece un instrumento europeo de microfinanciamento para o emprego
e a inclusión social - Progress (DO
L 87/1 do 07.04.2010)
- Período
de vixencia: 01.06.2010 - 31.12.2013
- Descrición e obxectivos: O
instrumento proporcionará recursos da Unión coa fin de aumentar o acceso
ao microfinanciamento e a súa dispoñibilidade para os grupos seguintes:
a) Persoas que perderon ou están en risco de perder o seu posto
de traballo ou que encontran dificultades para acceder ou reincorporarse
ao mercado laboral, ademais daquelas que corren risco de exclusión social
ou persoas vulnerables que están nunha posición de desvantaxe
no relativo ao acceso ao mercado crediticio convencional e desexan crear
ou seguir desenvolvendo a súa propia microempresa ou converterse en
traballadores por conta propia.
b) Microempresas, especialmente as da economía social, ademais das microempresas
que ocupan a persoas ás que se fai referencia na letra a).
O instrumento facilitará financiamento
da Unión para o acceso ao microfinanciamento e fomentará activamente a igualdade
de oportunidades para mulleres e homes.
- Definicións de "microfinanciamento" e "microcréditos":
Para os efectos da presente Decisión, o "microfinanciamento" abarca
as garantías, o microcrédito, o capital e o casecapital concedidos a
persoas e microempresas contempladas pola presente Decisión, definíndose
os "microcréditos" como préstamos inferiores a 25.000 euros.
- Accións subvencionables:
O instrumento levarase á práctica por medio dos seguintes tipos de accións, segundo
corresponda:
a) Garantías e instrumentos de risco compartido; b) Instrumentos
de patrimonio; c) Títulos de crédito;
d) Medidas de apoio, concretamente actividades de comunicación, supervisión,
control, auditoría e avaliación directamente necesarias para a posta
en práctica eficaz e eficiente da presente Decisión e para o logro dos
seus obxectivos.
- Beneficiarios:
O instrumento está aberto a entidades públicas e privadas radicadas a escala nacional,
rexional ou local nos Estados membros que proporcinan microfinanciamento a persoas
e microempresas nos Estados membros.
Para acadar aos beneficiarios finais
e crear microempresas viables e competitivas, as entidades públicas e privadas
mencionadas colaborarán estreitamente coas organizacións que representen os intereses
dos beneficiarios finais dos microcréditos e coas organizacións, en especial aquelas
subvencionadas polo FSE (Fondo Social Europeo), que ofrezan programas de titoría
e formación aos devanditos beneficiarios. - Orzamento:
A contribución financeira con cargo ao orzamento da Unión destinada ao instrumento
para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de
2013 será de 100 millóns de euros.
- Centro
de información comunitario:
European Commission
DG Employment, Social
Affairs and Equal Opportunities Rue de Loi, 200 B-1049 Brussels Belgium Formulario
de contacto |
- Páxina
principal no servidor Europa
|