Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
ED A Coruña. Axudas
Convocatoria: Programa comunitario para o emprego e a solidariedade social - PROGRESS. Convocatoria de propostas para actividades nacionais de aumento da concienciación cidadá (VP/2007/006)
 
 
 
  • Base legal: Esta convocatoria publícase no contexto da Decisión nº 1672/2006/CE do PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 24 de outubro de 2006 pola que se estabelece un programa comunitario para o emprego e a solidariedade social — Progress (DO L 315/1 do 15.11.2006)

  • Eidos de actuación
    • PROGRESS ten por obxectivo financiar a implementación dos obxectivos da UE no eido do emprego e os asuntos sociais, como se describe na Axenda Social, e debe contribuír ao logro dos obxectivos da Estratexia de Lisboa nestes eidos.
    •  
  • Beneficiarios:
    • Autoridades nacionais
    • Organizacións designadas pola autoridade nacional para levar a cabo a actividade.
       
  • Financiamento: 4.000.000 € - Liña orzamentaria: 04 04 01

  • Criterios de elixibilidade: A proposta presentada debe reunir os seguintes requisitos:
    • O beneficiario debe ter os recursos operativos necesarios, habilidades e experiencia profesional así como unha gran competencia e experiencia na loita contra a discriminación en polo menos un dos ámbitos cubertos polo presente programa.
    • Ademais, se o beneficiario é unha organización designada pola autoridade nacional, esta debe
      1. ter a súa propia estrutura financeira e administrativa;
      2. ter recursos financeiros que non proveñan exclusivamente de subsidios ou axudas de institucións europeas. A organización debe ter recursos estábeis e suficientes de financiamento para manter a súa actividade ao longo do período durante o cal se levará a cabo a actividade.

  • Prazo de presentación de solicitudes : 25.05.2007
  • Lugar de presentación de solicitudes
    • Os solicitantes deberán completar un formulario en liña rexistrándose na páxina https://webgate.cec.eu.int/swim/displayWelcome.do
    • recoméndase ler con anterioridade a Guía do solicitante
    • Deberá remitirse copia ao seguinte enderezo postal:

      Comisión Europea
      DX Emprego, Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades
      Archives – Courrier J 27 00/115
      Unit G4 - Call for proposals VP/2007/006
      B-1049 BRUSSELS

    • Ou por servizo de mensaxería ao seguinte enderezo:

      European Commission
      DX Emprego, Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades
      Unit G4: Call for Proposals VP/2007/006 -
      Application Central Courier Sector
      Avenue du Bourget 1 (Office J-37 02/20)
      B-1140 EVERE

       
  • Centros de información comunitarios

  • Documento de publicación
  • Convocatoria ligada aos programasPROGRESS