| |
- Base Legal: Esta
convocatoria publícase no contexto do anteproxecto da decisión que
estabelece o Programa comunitario para o emprego e a Solidariedade Social PROGRESS.
A pesar de que non se adoptou formalmente a Decisión, dada a necesidade
de asegurar o funcionamento das redes europeas que contribúen ao desenvolvemento
de políticas nos eidos de non discriminación, igualdade de xénero
e discapacidade, a Comisión decidiu proceder a lanzar esta convocatoria
de propostas.
- Eidos de actuación:
- PROGRESS debe apoiar os custos operativos das redes de traballo europeas
de organizacións non gobernamentais activas nos eidos da inclusión
social, non discriminación, incluíndo discapacidade e igualdade
de xénero. A presente convocatoria de propostas lánzase neste contexto.
Non inclúe as organizacións activas no eido da inclusión
social mentres o actual apoio comunitario finalice o 31 de decembro de 2007.
- Beneficiarios:
O apoio financeiro diríxese cara aos custos operativos de tres tipos de
organizacións europeas:
- Acción 1: ONG activas no ámbito
da loita contra a discriminación.
- Acción 2: ONG activas
no ámbito da promoción da igualdade de xénero.
- Acción
3: ONG activas na promoción da integración das persoas discapacitadas
na Sociedade.
- Financiamento:
- Acción 1: 4.000.000 €. Liña orzamentaria 04 04 01
04
- Acción 2: 1.4000.000 €. Liña orzamentaria 04 04
01 05
- Acción 3: 875.000 €. Liña orzamentaria 04 04
01 04
- Criterios de elixibilidade: As
organizacións solicitantes deben:
- Estar legalmente constituídas
e estabelecidas nun dos Estados membros.
- Ser organizacións non
gobernamentais, sen ánimo de lucro, independentes da industria, comercio
e negocios ou outros conflitos de intereses.
- Terlle facilitado á
Comisión contas satisfactorias dos seus socios, normas internas e recursos
financeiros.
- Prazo de presentación
de solicitudes : 17.11.2006
- Lugar
de presentación de solicitudes:
- Os solicitantes deberán
completar un formulario en liña rexistrándose na páxina https://webgate.ec.europa.eu/swim/displayWelcome.do
- recoméndase
ler con anterioridade a Guía
do solicitante
- Deberá remitirse copia ao seguinte enderezo
postal:
| European
Commission 'Employment, Social Affairs and Equal Opportunities DG Directorate
G: Call for Proposals VP/2006/019 CAD Servide J-27 (0/115) 1049 Bruxelas Bélxica |
- Ou por servizo de mensaxaría ao seguinte enderezo:
| European Commission
'Employment, Social Affairs and Equal Opportunities DG Directorate G: Call
for Proposals VP/2006/019 Rue de Genève 1 1140 Evere Bélxica |
- Centros
de información comunitarios
- Documento
de publicación
- Convocatoria
ligada aos programas: PROGRESS
|