Eidos de
actuación: O programa PROGRESS relativo a condicións
de traballo trata de desenvolver e favorecer un movemento positivo
e proactivo para a mudanza a través da promoción do intercambio de
información, particularmente en relación coas consecuencias sociais
e económicas.
Esta convocatoria concederá axudas para promover o desenvolvemento
e a diseminación dunha mellor experiencia e capacidades entre os actores
involucrados nos ámbitos de participación, preparación e a resposta
socialmente aceptable para cando ocorra unha reestruturación laboral.
As asignacións utilizaranse para financiar conferencias, encontros,
redes de traballo, estudos, e outras actividades para acadar estes
obxectivos e promover as accións presentadas na Comunicación da
Comisión
sobre Reestruturación e Emprego - Anticipar e acompañar as reestruturacións
para desenvolver o emprego: o papel da Unión Europea (
COM
(2005) 120 final).
Isto tamén cobre as medidas de promoción de participación social dos
empregados tal como establece a
Comunicación da Comisión relativa
a un marco para a participación financeira dos traballadores (
COM(2002)
364 final), e particularmente aquelas medidas que desenvolvan
o intercambio de información e boas prácticas. O programa PROGRESS
relativo ás condicións de traballo trata de apoiar a promoción
do intercambio de información e o desenvolvemento de redes de traballo
de profesionais, en particular relativas á saúde e benestar no traballo
e as consecuencias económicas, sociais e humanas ao redor dos cambios
no mundo do traballo.
En vista destes tres obxectivos, definíronse
tres subprogramas:
1. Mellora da experiencia relativa á reestruturación.
2. Mellor comprensión da saúde e benestar no traballo
durante o cambio.
3. Promoción da participación financeira dos traballadores.