Diputación de A Coruña Diputación de A Coruña
Unha deputación ó servicio da provincia 24 horas ó servicio da provincia A Coruña por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradicións e honrar ós nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coruña
Convocatorias comunitarias abertas Programas e iniciativas comunitarios O Euro Últimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Suxestións
Galego / Castellano
castellano carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 

ED A Coruña. Axudas
2010 Ano Europeo de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social


  • Que é?: Na actualidade, na Unión Europea, 78 millóns de persoas, representando o 16% da poboación e 19% dos nenos están en perigo de caer na pobreza. Os datos do Eurobarómetro mostra que os europeos ven a pobreza como un problema xeneralizado.

    A Unión Europea xuntou forzas cos Estados membros para converter 2010 no Ano Europeo de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social.

    As organizacións da sociedade civil e os interlocutores sociais colaborarán cos países participantes e a Comisión Europea para organizar unha serie de actividades ao longo de 2010. Celebraranse actividades nacionais e locais en todos os Estados membros da UE, Noruega e Islandia. Esta iniciativa contará cun orzamento mínimo de 26 millóns de euros (17 millóns de euros de financiamento comunitario).
  • Obxectivos: O Ano Europeo 2010 pretende chegar á cidadanía da UE e a todas as partes interesadas das esferas pública, social e económica. Os seus catro obxectivos específicos son os seguintes:
    • o recoñecemento do dereito das persoas que están nunha situación de pobreza e exclusión social a vivir con dignidade e a desempeñar unha función na sociedade;
    • o aumento da adhesión da opinión pública ás políticas de inclusión social, insistindo na responsabilidade de todos de afrontar a pobreza e a marxinación;
    • unha sociedade máis cohesiva, na que ninguén cuestione os beneficios derivados da erradicación da pobreza para o conxunto da sociedade;
    • o compromiso de todos os axentes, xa que para lograr progresos reais requírese o esforzo a longo prazo de todos os niveis de gobernanza.