Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
AMPLIACIÓN
Unión Europea
 
Desde que a Unión Europea comezara a súa andadura en 1951 co Tratado constitutivo da Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro (CECA) ata a actualidade, o seu proceso de construción constou de varias etapas. Aos Estados fundadores (Bélxica, Francia, República Federal de Alemaña, Italia, Luxemburgo e Países Baixos) uníronse en 1973 Dinamarca, Irlanda e Reino Unido.

As seguintes ampliacións foron as de Grecia en 1989, España e Portugal en 1986 e Austria, Finlandia e Suecia en 1995. A ampliación máis numerosa produciuse o 1 de maio de 2004, na que dez novos países e uns 75 millóns de habitantes se adheriron á Unión Europea (UE): Chipre, República Checa, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia, República Eslovaca e Eslovenia.

Tras superar con éxito o paso de 15 a 25 membros, a Unión Europea consta de 27 membros a partir do 1 de xaneiro de 2007, data na que se produces a incorporación de Bulgaria e Romanía á Unión Europea.

Por outra parte, o 3 de outubro de 2005 o Consello decidiu abrir as negociacións de adhesión cos países candidatos Turquía e Croacia, aínda que non se fixou unha data concreta para a súa incorporación á Unión.

Tamén son candidatos a Antiga República Iugoslava de Macedonia, que presentou a súa solicitude de adhesión o 22 de marzo de 2004, Islandia, que presentou a súa candidatura en xullo de 2009, e Montenegro, que presentando a súa candidatura en decembro de 2008, foi aprobado como candidato en decembro de 2010

Coñeza aos novos Estados membros e aos países candidatos:

Novos Estados membros

Países candidatos

2004
2007





Enderezos de interese: