Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 

XORNADA "A DIRECTIVA DE SERVIZOS: EFECTOS E OPORTUNIDADES DE NEGOCIO"

 

 

 

 

INTRODUCIÓN/ OBXECTIVOS

A Directiva de Servizos entrou en vigor en 2006 formalizando o mercado interno no sector terciario, que representa o 70% da actividade económica da Unión e ocupa á mesma porcentaxe da poboación. Esta norma suprime as trabas administrativas e afórralle custos ás empresas que ofrecen ou contratan servizos no territorio da Unión Europea.

A directiva facilita o establecemento de negocios, tanto en España como na UE, e a prestación transfronteiriza de servizos para as empresas establecidas nos Estados membros.

Esta nova regulación permite exercer a actividade de forma indefinida, sen necesidade de renovar licenzas, en todo o territorio español e noutros países do territorio comunitario, garantindo o bo funcionamento do mercado interior e potenciando o uso das novas tecnoloxías.

Nesta xornada explicaranse as consecuencias non só a nivel galego, senon a nivel europeo, da creación dun auténtico mercado interior no sector terciario.

LUGAR

FUNDACIÓN CAIXA GALICIA: Sala de Prensa, Cantón Grande 21-24. 15003 A Coruña.

DATAS

2 DE DECEMBRO DE 2010.

INSCRICIÓN

Por correo electrónico a: fges5@fundaciongaliciaeuropa.eu

Aforo limitado; as acreditacións concederanse segundo orde de chegada.

PROGRAMA


XOVES. 2 DE DECEMBRO
10.00 h

Acreditacións e entrega de documentación.

10.30 h

Inauguración a cargo de Antonio Lagares Pérez, Presidente da Comisión de Economía, Facenda e Especial de Contas da Deputación da Coruña e Santiago Álvarez González, Subdirector Xeral de Relacións coa Unión Europea.

10.45 h

A liberalización dos servizos en perspectiva europea: a experiencia desde Portugal. Ângelo Seiça Neves. Responsable da transposición da Directiva de Servizos do Ministerio de Economía da República Portuguesa.

11.45 h

Descanso-café.

12.00 h

Avaliación do impacto da Directiva de Servizos. José Manuel Blanco González. Economista e avogado. Subdirector Xeral de Análise e Programación da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.

13.00 h

O desenvolvemento da desregulación nos servizos: unha auditoría externa. Roberto Pereira Costa. Decano do Colexio Oficial de Economistas de Galicia.

14.00 h

Peche e entrega de diplomas acreditativos.


FOTOS

 

 

ORGANIZAN: