Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 
9 de maio, Día de Europa

O domingo 9 de maio, celébrase en toda a Unión Europea o Día de Europa conmemorando a proposta feita en 1950 polo Ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, para crear unha Europa unida en paz.

Con este motivo o centro Europe Direct da Deputación da Coruña desenvolverá as seguintes actividades:

- Posto informativo: Desde o venres 7 de maio colocarase un posto informativo na Biblioteca Provincial no que o equipo de Europe Direct proporcionará a todas as persoas interesadas folletos informativos acerca das diversas políticas comunitarias. Así mesmo, estarán a disposición do público duas guías prácticas para coñecer as normas vixentes na UE no referente ao Transporte de Mascotas e para saber máis acerca do Ano Europeo 2010 dedicado á Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social. Esperamos a súa visita!

 

- Charla tUEuropa: Con motivo da celebración do 9 de Maio, Día de Europa, e a pedimento de la Célula Europea do Colexio Santo Domingo de A Coruña, o equipo de Europe Direct A Coruña organizou unhas xornadas especiais da actividade "TUEuropa"

Durante os días 28 e 29 de abril, 100 alumnos de 1º y 2º de ESO do colexio Santo Domingo participaron nunha sesión teórica de "TUEuropa" e catro sesións prácticas da mesma actividade.

Durante a sesión teórica, o equipo de Europe Direct A Coruña achegou aos alumnos diversas cuestións relacionadas coa UE, premiando os seus coñecementos na materia. Durante as sesións prácticas, os rapaces pudieron achegarse ao funcionamento das institucións comunitarias con un xogo de rol da toma de decisións no Consello de Ministros e no Parlamento Europeo.

Xornada "Unha Europa para ti": Esta xornada terá lugar o vindeiro 12 de maio no Salón de Graos da Facultade de Dereito, Campus de Elviña e ten por obxectivo dar a coñecer os programas europeos de mobilidade así como os dereitos e obrigas dos cidadáns europeos e, finalmente, fomentar a participación en accións de loita contra a pobreza e a exclusión social.
A xornada está dirixida a estudantes, tituladas e titulados universitarios e aquelas persoas interesadas na mobilidade en Europa.

 

Europe Direct, centro oficial de información da Comisión Europea promovido pola Deputación da Coruña, poderalle facilitar canta información solicite en relación as nosas actividades ou a calquera asunto comunitario que sexa do seu interese.