Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


   
 
 
MÓVETE POR EUROPA
CURSO ON-LINE SOBRE AS OPORTUNIDADES DE MOBILIDADE NA UNIÓN EUROPEA

 

 

ORGANIZADORES:

O curso está organizado por Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, e o Servizo de Apoio ao Emprendimiento e ao Emprego (SAEE) da Universidade da Coruña.

O curso ten carácter gratuíto

 

OBXECTIVOS DO CURSO:

O obxectivo deste curso é achegar coñecementos fundamentais sobre as oportunidades de mobilidade no territorio da Unión Europea, así como fomentar a participación activa dos estudantes e titulados ao libre movemento entre os Estados membros da Unión Europea

DESTINATARIOS:

O curso está dirixido, exclusivamente, a estudantes e titulados/as da Universidade da Coruña entre 18 e 30 anos.

PLATAFORMA:

A todos os inscritos no curso remitiráselles un correo electrónico coa dirección de acceso á plataforma, así como os seus datos de acceso.

A plataforma conta cun foro para o intercambio de información, opinión e ideas dos participantes. Os temas poderanse descargar en PDF, polo que só será necesario ter acceso a un navegador de Internet e o Acrobat Reader.

A proba de avaliación de cada tema efectuarase mediante a plataforma on-line, excepto no Tema 6 – Europass, no que a proba de avaliación deberá remitirse á seguinte dirección e-mail: europedirect@dicoruna.es . No “Asunto” do correo electrónico deberá figurar como referencia: “Tema 6. Proba de avaliación”.

INSCRICIÓN:

O prazo de inscrición termina o 19 de outubro de 2011 ás 14,00h. O formulario de inscrición estará dispoñible na seguinte dirección web:

http://saee.udc.es/cursos/ver.php?id=37&muevete-por-europa-curso-on-line-sobre-las-oportunidades-de-movilidad-en-la-union-europea

A lista de persoas preseleccionadas publicarase na mesma dirección web o día 24 de outubro de 2011. Si vostede fose preseleccionado, será requisito indispensable que remita a saee@udc.es unha fotocopia do NIE/NIF e unha fotocopia do cartón de estudante ou do título obtido na Universidade da Coruña. Non será considerado un participante do curso si vostede non remite a documentación solicitada antes do 28 de outubro de 2011.

DURACIÓN DO CURSO:

O curso ten unha duración estimada de 20 horas lectivas. A plataforma para comezar o curso estará dispoñible desde o día 31 de outubro de 2011, terminando o prazo de realización das probas de avaliación o 30 de novembro de 2011 ás 14,00h.

 

NÚMERO DE PRAZAS DISPOÑIBLES:

O curso ten un número límite de prazas, concretamente, 40 alumnos. A selección de participantes realizarase por orde de inscrición.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:


Os participantes no curso recibirán unha valoración de apto ou non apto conforme o resultado obtido nas probas de avaliación. Para obter a valoración de apto será necesario superar o 50% de cada proba de avaliación. Só se dispón dunha oportunidade para superar as probas de avaliación.

O 15 de decembro de 2011 publicarase a lista cos participantes que obtivesen a valoración de apto. A lista estará dispoñible na plataforma.

CERTIFICADO DE ASISTENCIA :

A Universidade da Coruña acreditará a participación no curso cunha duración de 20 horas lectivas. Este certificado de asistencia poderá ser recollido nas oficinas do SAEE, unha vez superado o curso:

SAEE Campus da Coruña

Centro Universitario de Riazor,
Rúa Almirante Lángara s/n
15011 A Coruña

SAEE Campus de Ferrol

Edificio Vicerreitoría
Campus de Esteiro
15403 Ferrol

 

INFORMACIÓN SOBRE O CURSO:

Para solicitar máis información do curso pode dirixirse ás seguintes direccións:

 

SAEE
Universidade da Coruña
e-mail: saee@udc.es
tel.: 981 16 70 00 (ext. 4341/4382)

 

Europe Direct A Coruña
Diputación de A Coruña
e-mail: europedirect@dicoruna.es
tel: 981 080 331

 

Europe Direct – Deputación da Coruña

Os datos persoais recolleitos serán incorporados e tratados no Ficheiro Europe Direct, cuxos usos previstos son actividades de formación e que se atopa inscrito na Axencia Española de Protección de Datos. O órgano responsable do ficheiro é a Deputación provincial da Coruña e a dirección na que o interesado poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o mesmo é a Avda. Alférez Provisional, nº 2- 15006, A Coruña, todo o cal se informa en cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e a súa normativa de desenvolvemento.

SAEE- Universidade da Coruña

En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/99, de protección de datos de carácter persoal, informámoslle que os datos persoais que vostede facilite serán incorporados a un ficheiro. A finalidade do tratamento destes datos é, unicamente, a de organización, xestión, difusión, coordinación e promoción das actividades da Universidade da Coruña. Cubrir a inscrición implica autorización á organización deste curso para tratar os datos persoais facilitados coas finalidades indicadas. Así mesmo, informámoslle que, en todo momento, vostede pode facer valer os dereitos de acceso, rectificación e oposición dos que sexa titular mediante notificación por escrito ao Servizo SAEE.