| |
POSTO INFORMATIVO NA BIBLIOTECA PROVINCIAL
O luns 9 de maio, celébrase en toda a Unión Europea o Día de Europa conmemorando a proposta feita en 1950 polo Ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, para crear unha Europa unida en paz.
Con este motivo o centro Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertecente a Deputación da Coruña, colocará un Posto informativo no que o equipo de Europe Direct proporcionará a todas as persoas interesadas folletos informativos acerca das diversas políticas comunitarias.
Data: desde o 9 ata o 13 de maio de 2011.
Lugar: Biblioteca Provincial (r/Riego de Agua, n. 37)
Esperamos a súa visita!
ORGANIZAN:
|