Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

O multilingüismo é un dos valores chave da Unión Europea. A aprendizaxe de linguas enriquece a nosa vida, exercítase a mente e beneficiámonos da diversidade cultural de Europa, dando oportunidade de enfrontarse a novos retos

Na Unión Europea hai 23 idiomas oficiais, pero fálanse mas de 200. O idioma oficial máis falado na Unión Europea é o alemán con máis de 93 millóns de falantes e o que menos é o maltés con menos de 800.000 falantes.


Este ano conmemoramos os 25 anos da entrada de España e Portugal na Unión Europea. O 1 de xaneiro de 1986 prodúcese a adhesión de España e Portugal ás Comunidades Europeas, co que se elevou a 12 o número de mebros.

¿Queres aprender portugués, polaco, holandés ou escocés?


Europe Direct A Coruña, organiza cursos de linguas de diferentes países co fin de contribuír á sensibilización e o entendemento de diferentes culturas. Así, empregaranse recursos que permitan crear no alumno a necesidade de comunicarse no idioma extranxeiro sendo capaces de recoñecer a lingua e empregala ante situacións de ámbito cotián.


Día
Idioma
luns 26
Portugués
martes 27
Polaco
mércoles 28
Holandés
xoves 29
Escocés

 

 

[entregarase certificado por cada idioma]

Imparten: profesores nativos
Data: 26 ao 29 de setembro.
Duración: 2 horas para cada curso, de 18:00 a 20:00
Lugar de celebración do curso de lingua:
6ª planta do edificio da Deputación Provincial de A Coruña
C/ Alférez Provisional, 2
(detrás do Teatro Colón)
15006 A Coruña


INSCRICIÓN PREVIA E GRATUITA en Europe Direct A Coruña
Admisión por orden de inscrición a partir do día 1 de setembro
Tel.: 981 080 331
correo-e: europedirect@dicoruna.es

Prazas Limitadas

 

ORGANIZAN:

 

 

COLABORAN:

 

Estudios Irlandés