Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


   
 
 
m
 
CURSO DE INICIACION Á LINGUA e A CULTURA IRLANDESA

 

DESCRIPCIÓN:

Organiza: O Instituto Universitario de Estudos Irlandeses “Amergin” da Universidade da Coruña.* Expedirase un diploma acreditativo por un total de 10 horas lectivas.

Colabora: Europe Direct de la Deputación da A Coruña

Profesor: Dr. Ciaran Dawson. University College Cork

DESTINATARIOS:

Todos aqueles interesados que desexen adquirir coñecementos tanto de lingua irlandesa como da cultura onde esta aséntase.

OBXECTIVOS: Este curso constituirá unha introducción á primeira lingua nacional de Irlanda. Consistirá en dous puntos básicos:

  • Unha serie de sesións dunha hora sobre o irlandés, nas que se trazará o desenvolvemento da lingua desde a chegada dos Celtas a Irlanda ata a caída da Orde gaélica despois da Batalla de Kinsale en 1601 e o devastador impacto da fame negra de 1845-1848. Examinarase o inicio do rexurdimento do interese no Irlandés durante a Revolución Industrial e esbozarase o estado actual da lingua tanto ao Norte como ao Sur da fronteira. Identificarase a posición do irlandés no mundo das linguas e indicarase os elementos lingüísticos que son únicos no irlandés no marco da familia das linguas indoeuropeas. Brevemente tratarase o desenvolvemento e estado actual da Literatura Irlandesa Moderna.
  • Unha serie de tres clases de lingua de dúas horas dirixidas á xente con pouco ou ningún coñecemento da lingua. Ao final do curso os asistentes serán capaces de saudar en irlandés e de responder os saúdos así como de interactuar en tendas, restaurantes e bares. Ofrecerán información sobre si mesmos (Quen es ; De onde es ; A que che dedicas ; Que idade tes ; Estás casado, solteiro ou divorciado ; Cantos sodes de familia?) e preguntarán información sobre os demais. Poderán expresar opinións e describir á xente da súa contorna. Falarán sobre cuestións familiares e de actualidade e sobre o que ultimamente estiveron facendo. Isto inclúe a habilidade para contar ata 100, dicir a hora e utilizar os tempos pasado e presente. O vocabulario incluirá comidas, bebidas, roupas, lugares, actividades e palabras para describir á xente.

METODOLOXÍA:

As sesións dunha hora dividiranse nunha presentación de 45 minutos sobre un tema e 15 minutos de debate. Nos tempos de debate promoveranse as experiencias compartidas polos galegos e irlandeses. As clases de lingua serán fundamentalmente comunicativas pero tamén incluirán unha cantidade limitada de traballo escrito.

REQUISITOS:

É necesario un coñecemento medio da lingua inglesa.

DATAS DE CELEBRACIÓN:

O curso terá lugar durante os días 21, 22 e 23 de setembro de 2011 en horario de 16:30 a 20:00.

LUGAR:

Deputación de A Coruña (c/Alférez Provisional, nº 2)

 

INSCRIPCIÓN GRATUITA:

Os interesados deberan inscribirse antes do 19 de setembro de 2011 na seguinte dirección:

Europe Direct A Coruña
e-mai: europedirect@dicoruna.es
Tel.: 981 080 331

 

A solicitude de inscrición realizarase via email achegando os seguintes datos*.

- Nome e apelidos
- NIE/NIF
- Teléfono
- Enderezo postal
- Correo electrónico


* Os datos personais recollidos serán incorporados e tratados no Ficheiro Europe Direct, cuxos usos previstos son actividades de formación e que se encontra inscrito na Axencia Española de Protección de Datos. O órgano responsable do ficheiro é a Deputación Provincial da Coruña e o enderezo onde o interesado poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o mesmo é a Avda. Alférez Provisional, nº 2 - 15006, A Coruña, todo o cal se informa en cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e a súa normativa de desenvolvemento.