Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

O multilingüismo é un dos valores chave da Unión Europea. A aprendizaxe de linguas enriquece a nosa vida, exercítase a mente e beneficiámonos da diversidade cultural de Europa, dando oportunidade de enfrontarse a novos retos.

Na Unión Europea hai 23 idiomas oficiais, pero fálanse mas de 200. O idioma oficial máis falado na Unión Europea é o alemán con máis de 93 millóns de falantes e o que menos é o maltés con menos de 800.000 falantes.

¿Queres aprender alemán, xaponés, húngaro e árabe?

Europe Direct A Coruña, en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas, organizou cursos de linguas de diferentes países co fin de contribuír á sensibilización e o entendemento de diferentes culturas. Ademais, este ano a actividade complementouse coa realización dun recital musical - literario con músicos procedentes de diferentes países e no que deron a coñecer elementos básicos da narrativa ou lírica propia do seu país, xunto coa música tamén de carácter nacional.

Día
Idioma
Aforo
luns 28
árabe
-
martes 29
xaponés
-
mércoles 30
húngaro
-
xoves 1
alemán
Completo
venres 2
recital literario musical
Plazas libres

 

PROGRAMA RECITAL

 

[entregarase certificado por cada idioma]

Imparten: profesores nativos
Data: 28 de septembro a 2 de outubro.
Duración: 2 horas para cada curso, de 18:00 a 20:00
Lugar de celebración do curso de lingua:
6ª planta do edificio da Deputación Provincial de A Coruña
C/ Alférez Provisional, 2
(detrás do Teatro Colón)
15006 A Coruña
Lugar de celebración do recital:
Sala do Sporting Club Casino
C/ Real, 83 15003 A Coruña


INSCRICIÓN PREVIA E GRATUITA en Europe Direct A Coruña
Admisión por orden de inscrición a partir do día 10 de setembro
Tel.: 981 080 331
correo-e: europedirect@dicoruna.es

Prazas Limitadas

 

CURSO DE ÁRABE - 28 DE SETEMBRO

Curso de árabe impartido por Ángel Francisco Martínez Fernández, profesor da EOI A Coruña

CURSO DE XAPONÉS - 29 DE SETEMBRO

Curso de xaponés impartido por Mika Nozaki, profesora da EOI A Coruña

CURSO DE HÚNGARO - 30 DE SETEMBRO

Curso de húngaro impartido por Veronika Gergely, licenciada en Filoloxía Portuguesa

CURSO DE ALEMÁN - 1 DE OUTUBRO

Curso de alemán impartido por Maria Birgel, profesora da EOI A Coruña

RECITAL MÚSICO LITERARIO - 2 DE OUTUBRO

Presentación do Recital músico literario

Dende Estonia: Pauliine Maasik y Merve Piirve

De España: Eulogio García Fernández-Albalat

y Sergio Franqueira Barca

 

De Hungría: Gyula Vadászi y Veronika Gergely

De esquerda a dereita: Pauliine Maasik, Merve Piirve, Veronika Gergely, Gyula Vadász, Eulogio García Fernández-Albalat y Sergio Franqueira Barca

 

 

 

 

 

 

ORGANIZAN:

 

 

COLABORAN: