|
Galego / Castellano |
carta de
servizos
contacto
|
Concurso de deseño de postais do Nadal 2009¡FELIZ NADAL, EUROPA!
Co obxectivo de promover a sensibilización dos máis mozos respecto á diversidade cultural existente no territorio da Unión Europea, Europe Direct A Coruña convocou o concurso de deseño de postais de Nadal 2009. |
|
|
O grupo obxectivo desta actividade foi un grupo de 100 alumnos e alumnas, de 7 a 10 anos de idade, do Colexio Santo Domingo de A Coruña. Data: os talleres de deseño de postais realizaronse os días 15 e 17 de decembro de 2009. Organiza: Europe Direct A Coruña, en colaboración co centro educativo Santo Domingo. Premios: tódolos participantes recibiron un diploma acreditativo da súa participación no concurso. O autor da mellor postal seleccionada recibiu, ademáis do diploma de gañador, un lote de libros.
Europe Direct A Coruña utilizará esta postal para felicitar as festas de Nadal e o Novo Ano 2010 entre tódolos seus usuarios.
|
|
|
|