|
Galego / Castellano |
carta de
servizos
contacto
| ACCIÓN FORMATIVA
(2009) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A actividade está dirixida: 2- Outros grupos obxectivos, como centros cívicos, asociacións de veciños, asociacións culturais e público en xeral. O obxectivo desta acción é dar a coñecer e facer partícipes aos seus destinatarios do procedemento de toma de decisións das Institucións comunitarias. A actividade desenvolverase en dúas sesións. Cada sesión terá unha duración de 50 minutos: 1. Primeira sesión: Parte teórica. Efectuarase unha presentación en formato PowerPoint na que se fará referencia a:
2. Segunda sesión: Parte práctica. Desenvolvemento dun xogo de rol. A clase será dividida en dous grupos que representarán as dúas institucións chave na toma de decisións comunitarias: o Consello da UE e o Parlamento Europeo. Os rapaces deberán desenvolver unha simulación de toma de decisións sobre unha proposta que, previamente, será entregada polo equipo de Europe Direct, que desempeñará o papel da Comisión Europea durante o xogo de rol. Trala "negociación" efectuada polos estudantes, o equipo Europe Direct fará unha valoración da decisión final adoptada polas institucións comunitarias (estudantes). Os centros interesados nestas xornadas poden poñerse en contacto con EUROPE DIRECT no teléfono 981 080 331 ou mediante o correo electrónico: Desde o seu inicio, a finais de novembro do 2007, TUEUROPA levouse a cabo en múltiples centros de ensinanza secundaria con máis de 1000 alumnos como destinatarios tanto da parte teórica como da súa vertente práctica. Ao longo do presente ano 2009 a actividade continuou desenvolvéndose con éxito en centros de toda a provincia.
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||