|
Galego / Castellano |
carta de
servizos
contacto
O venres, 8 de maio, Europe Direct A Coruña colocou na Rúa rego de Auga, un stand informativo coa intención de convidar ás cidadás e cidadáns á celebración do 9 de maio, Día de Europa, lembrando así a proposta feita en 1950 polo Ministro de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, para crear unha Europa unida e en paz. Seguindo este espírito, o personal de Europe Direct ocupouse de distribuir copias do discurso de Schuman, para achegar ao público en xeral o ideario europísta.
Repartiuse ademais material promocional, con especial
atención este ano ao material dedicado ás Eleccións
ao Parlamento Europeo 2009, que en España terán lugar o
7 de xuño. Esto incluía:

Así mesmo, no interior da Biblioteca Provincial situouse unha mesa co mesmo material que no stand da rúa e ademais unha urna, na que se recolleron as cuestións que as cidadás e cidadáns quixeron deixar ás candidatas e candidatos ao Parlamento Europeo para ser expostas na Mesa - Debate desa mesma tarde.

|
|