O xoves, 28 de maio, Europe Direct A Coruña colocou
na Rúa Riego de Auga, un posto informativo coa intención de
promover a participación da cidadanía e de fomentar a sensibilización
social respecto á relevancia da participación nas Eleccións Europeas.
Distribuíuse información de interese acerca das Eleccións do Parlamento
Europeo e mantivéronse conversacións informativas con aproximadamente
60 viandantes de idade e xénero diferentes, para espertar o interese
nas Eleccións Europeas, animar a votar e informar máis detalladamente
ás persoas interesadas no funcionamento das Eleccións e a toma de
decisións na Unión Europea.
Ademais instalouse unha mesa con material informativo
na entrada da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.
A esta mesa engádese a instalada na entrada do edificio da Deputación
Provincial da Coruña desde o día 7 de maio. Ámbalas dúas
mantivéronse nestes lugares ata a celebración das eleccións.
Entre a información que se repartiu ós cidadáns
incluíase:
-
Publicación
da Dirección Xeral de Comunicación do Parlamento Europeo "Bienvenido al Parlamento
Europeo" (contén DVD)
-
Folla de publicidade da páxina web "noseasidiota.com"
-
Xornal
"¡Agora! ano 2009" (en vesión castellana y gallega)
- Folleto
"Elecciones Europeas: ¿de qué se trata?"
-
Folla
de etiquetas sobre as eleccións ó Parlamento 2009 "9 de maio, día
de europa"
-
Tarxeta postal
sobre eleccións ó Parlamento 2009
-
Folleto
"Una Europa para las mujeres"
-
Bolsa
textil de Elecciones europeas
-