|
Galego / Castellano |
carta de
servizos
contacto
O cambio climático é un problema global, pero cada un de nós ten a capacidade necesaria para influir sobre él. Incluso os pequenos cambios no noso comportamento cotián poden contribuír a evitar emisións de gases de efecto invernadoiro sen que iso afecte a nosa calidade de vida. Co obxectivo de contribuír á difusión desta idea e de potenciar o debate na opinión pública local de cara á Conferencia de Nacións Unidas sobre Cambio Climático (Copenhague, 7-18 de decembro), Europe Direct da Deputación da Coruña organiza o "CINE - COLOQUIO: Ti controlas o cambio climático" que inclúe a proxección do documental Home e a continuación un debate sobre a nosa responsabilidade co planeta.
DESCRICIÓN HOME, dirixido polo fotógrafo Yann Arthus-Bertrand, recoñecido experto en fotografía aérea e colaborador de National Geographic, foi producido polo destacado productor Luc Besson. Home é un filme para todo o mundo, feito co obxectivo de sensibilizar á opinión pública sobre o estado do planeta e de facer que os seus habitantes cambien o seu modo de vida adoptando un comportamento máis respectuoso do medio natural. Home foi filmada a bordo dun helicóptero mediante unha cámara de alta definición chamada “Cineflex”, o que lles dá ás imaxes unha gran estabilidade e fluidez. As emisións de CO2 provintes do consumo de carburante dos avións, helicópteros e automóbiles utilizados na produción da película foron compensadas na súa totalidade mediante o apoio a proxectos de desenvolvemento sostible, principalmente na India. Yann Arthus-Bertrand busca sacudir a conciencia de todos e poñer fin á inacción e ós discursos vacíos
OBXECTIVOS Desde Europe Direct da Deputación da Coruña queremos proxectar esta película e celebrar un coloquio posterior co público asistente, co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia de actuar a pequena escala para lograr os obxectivos globais da loita contra o cambio climático. O obxectivo desta iniciativa é contribuír ó debate a nivel local sobre asuntos como o esgotamento de recursos, o quentamento dos océanos, a destrucción de bosques ou a extinción de especies animais.
LUGAR: Sala de Audiovisuais da Biblioteca Provincial da Coruña (R/Riego de Agua, 37, 15001 A Coruña) ENTRADA LIBRE ata completar aforo DATA: Xoves, 3 de Decembro de 2009 PROGRAMA
ORGANIZA:
|
||||||||||
“Estamos vivindo un período crucial. Os científicos dinnos que só temos 10 anos para cambiar os nosos modos de vida, evitar esgotar os recursos naturais e impedir unha evolución catastrófica do clima da Terra. Cada un de nós debe participar no esforzo colectivo, e é para sensibilizar ó maior número de persoas que realicei a película HOME”
“O que importa é que hoxe en día somos seis mil millóns de mentes pensantes con posibilidade de actuar. Esta película debe facernos comprender que todos temos responsabilidade e que todos podemos facer algo, cada un na medida das súas posibilidades”
Yann Arthus-Bertrand
PÁXINA OFICIAL: www.home-2009.com |
|
|||||||||