Galego / Castellano
 
CRONOLOXÍA

1952

  • Empeza a funcionar a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, punto de partida do proceso de integración que
    deu lugar á Unión Europea en 1992.
1969
  • Creación do Pacto Andino (Acordo de Cartagena), que orixinaría a Comunidade Andina de Nacións (Acta de Trujillo) en 1996.
1973
  • Creación do CARICOM, Comunidade e Mercado Común do Caribe (Tratado de Chaguaramas).
1974
  • Inicio das conferencias bianuais do Parlamento Europeo e o Parlamento Latinoamericano (Parlatino).
1975
  • Creación do grupo ACP (África, Caribe e Pacífico) e sinatura da primeira Convención de Lomé (ACP – CE).
1976
  • Primeiras actividades de cooperación entre a CE e América Latina e algúns países do Caribe que non eran aínda membros
    do grupo ACP.
1983
  • Sinatura do primeiro acordo de cooperación entre a CE e o Pacto Andino.
1984
  • Inicio do Diálogo de San Xosé entre a CE e os países de América Central.
1985
  • Sinatura do Acordo de cooperación CE – América Central.
1986
  • Creación do Grupo de Río, foro de consulta política que hoxe reune a todos os países latinoamericanos.
1990
  • Declaración de Roma, pola que se establece o diálogo político entre a CE e o Grupo de Río.
  • Cuarta Convención de Lomé (Lomé IV) coa adhesión de Haití e a República Dominicana.
1991
  • Sinatura do Tratado de Asunción polo que se creou o MERCOSUR (Mercado Común do Sur). Compóñeno Arxentina,
    Brasil, Paraguai e Uruguai.
1992
  • Creación do Cariforum, foro de diálogo político do grupo ACP.
1994
  • Sinatura do Protocolo de Ouro Preto, que consolida e institucionaliza o proceso do MERCOSUR
  • Cuarta Reunión Ministerial entre a UE e o Grupo de Río en São Paulo. Adopción dunha declaración sobre a “asociación”.
1995
  • Comunicación da Comisión Europea “Unión Europea – América Latina: actualidade e perspectivas do fortalecemento
    da asociación 1996 - 2000", COM (95) 495.
1996
  • A Acta de Trujillo reforma o Acordo de Cartagena para democratizar o proceso de integración. A Comunidade Andina de Nacións (CAN) substitúe o Pacto Andino.
1997
  • Sinatura da negociación do acordo de Asociación económica, concertación política e cooperación con México.
1998
  • Primeira reunión para establecer un diálogo de alto nivel entre a UE e a Comunidade Andina de Nacións sobre a loita contra as drogas,
    tras varios acordos sobre os chamados “precursores químicos” en 1995.

1999

  • Comunicación da Comisión Europea : “Unha nova asociación Unión Europea / América Latina nos albores do século XXI”,
    COM (1999) 105.
  • 1ª Encontro de Río : lanzamento da Asociación estratéxica UE, América Latina e o Caribe.
  • Inicio das negociacións sobre o acordo de asociación entre a CE e o MERCOSUR.
2000
  • Comunicación da Comisión Europea sobre o seguimento do Encontro de Río: “Seguimento do primeiro encontro
    celebrado entre América Latina, o Caribe e a Unión Europea, COM (2000) 670.
  • Sinatura dos Acordos de Cotonou entre a UE (15 países) e os estados ACP (77 países).
  • Ingreso de Cuba, como observador, no grupo ACP.
2000/2001
  • Entrada en vigor progresiva do Acordo de Libre Comercio UE – México.
2002
  • Cume de Madrid entre América Latina, o Caribe e a UE.
  • Sinatura do Acordo de Asociación UE - Chile.
  • Sinatura do Memorando de Acordo entre a Comisión Europea e o Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID).
  • Entrada en vigor das disposicións comerciais provisionais do Acordo UE – México.
2003
  • Entrada en vigor dos Acordos de Cotonou.
  • Entrada en vigor das disposicións comerciais provisionais do Acordo UE – Chile.
  • Sinatura do Acordo de diálogo político e cooperación entre a UE e a Comunidade Andina.
  • Sinatura do Acordo de diálogo político e de cooperación entre a UE e América Central.
2004
  • Inicio das negociacións dos Acordos de Asociación Económica (AAE) co Caribe.
  • Encontro de Guadalaxara (México) entre América Latina, o Caribe e a UE.
2005
  • A Comisión adopta a nova comunicación estratéxica sobre as relacións da UE con América Latina, Unha Asociación Reforzada: COM (2005) 636 final.
  • Encontro UE - Grupo de Río en Luxemburgo.
2006
  • 4º Encontro de Viena (Austria) entre América Latina, o Caribe e a UE. Proposta de inicio de negociacións de Acordos de
    Asociacion UE-CAN (Comunidade Andina e UE - América Central).
2007
  • Encontro UE - Grupo de Ríou en Santo Domingo (República Dominicana)
  • Negociacións entre a UE e a Comunidade Andina para o Acordo de Asociación, Tarija (Bolivia)
2008
  • Encontro UE - América Latina e o Caribe (ALC) de Lima (Perú)
  • 3ª rolda de negociacións entre a UE e CAN para os Acordos de Asociación, Quito (Ecuador)
2009
  • 14ª Encontro ministerial UE - Grupo de Ríou en Praga (República Checa)
2010
  • VI Cume UE - ALC en España
2012
  • Proxima cume UE - ALC en Chile

NOVIDADES