|
Galego / Castellano |
carta de
servizos
contacto
|
|
9 de maio, Día de Europa | ||||
![]() |
|||||
|
O venres 9 de maio, celébrase en toda a Unión Europea o Día de Europa conmemorando a proposta feita en 1950 polo Ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, para crear unha Europa unida en paz. Con este motivo o centro Europe Direct da Deputación da Coruña desenvolverá as seguintes actividades: - Posto informativo na rúa Rega de Auga, ao lado da Biblioteca Provincial. Con este posto o centro Europe Direct pretende divulgar e fomentar entre a cidadanía as ideais europeístas e dar a coñecer o lema anual escollido, que este ano se corresponde co Diálogo Intercultural.
- Café-coloquio: “O Diálogo intercultural en Europa”, ás 19.30 h na sala de actos da Biblioteca Provincial co fin de analizar o slogan deste 9 de maio “Non se trata deles e nós, somos ti e eu”. Os relatores foron Baye Abdou Sylla, vicepresidente de EcoDesarrollo Gaia; Aissatou Korka, membro de Equus Zebra; Boubakary Oumarou, membro de Equus Zebra; Francesco Scretti, profesor da UDC. O moderador foi o Director de Europe Direct, Manuel Vázquez Sesmonde. Trátase, por unha parte, de recoñecer que a gran diversidade cultural de Europa constitúe unha vantaxe única e, por outra, de animar a todos aqueles que viven en Europa a explorar os beneficios do noso rico patrimonio cultural e as oportunidades de aprender das diferentes tradicións culturais.
Europe Direct, centro oficial de información da Comisión Europea promovido pola Deputación da Coruña, poderalle facilitar canta información solicite en relación aos temas comentados ou calquera asunto comunitario que sexa do seu interese. Comentarios dos Asistentes: "Blog de Chela" |
|||||
|
|