Fernández Moreda e Santos Maneiro subscribiron un convenio de colaboración
A Deputación da Coruña destina 75.000 euros para a adquisición dunha retroexcavadora para o Concello de Mazaricos
23/12/2008
A Deputación da Coruña destina 75.000 euros para a adquisición dunha retroescavadora para o Concello de Mazaricos. Así consta no convenio de colaboración formalizado polo presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Mazaricos, José Manuel Santos Maneiro.
A adquisición da pa retroescavadora será realizada polo Concello de Mazaricos. Este equipamento ten un custo de 84.564.000 euros, dos que o 88,69 por cento; é dicir, 75.000 € procederán das arcas provinciais.
O alcalde de Mazaricos valorou positivamente esta nova achega da Deputación da Coruña, mentres que Fernández Moreda salientou o compromiso desta institución co conxunto dos concellos da provincia.