Campus de fútbol 2008
16/05/2008
[ Tríptico con formulario de inscripción:  Formato PDF | Cartel: Formato PDF ]

Información xeral:

DEPORTES: Técnica, táctica, xogo, entrenamento de porteiros.

LUGAR: Instalacións deportivas de A torre (A Coruña) e Acea de Ama (Culleredo).

ALOXAMENTO: Residencia do IES Cruceiro Baleares. (Culleredo).

DURACIÓN: de domingo a sábado.

QUENDAS:

1ª quenda, do 29 de xuño ó 5 de xullo.

2ª quenda, do 6 ó 12 de xullo.

3ª quenda, do 13 ó 19 de xullo.

4ª quenda, do 20 ó 26 de xullo.

INCORPORACIÓN: domingo a partir das 19.00.

REGRESO: o sábado seguinte despois do almorzo.

DESTINATARIOS: rapaces/as entre 9 e 13 anos

COTA DE INSCRICIÓN: 75 euros.

Ingresarase na conta: facendo constar  "Campus de Fútbol da Deputación da Coruña"

  • Titular: AFAC
  • Entidad: Banco Pastor
  • Nº Cuenta: 0072/010193/0000134443

INCLÚE: estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas. A incorporación ó campamento deportivo realizarase o domingo despois de xantar e o regreso, o sábado despois do almorzo.

Horario xeral:

8.00 Erguerse

9.00 Almorzo

10.00 Actividades de adestramento, fútbol.

14.00 Xantar

16.00 Partidos de competición interna, obradoiros, natación e actividades culturais.

18.00 Merenda

18.30 Xogos e deportes

21.00 Cea

22.00 Noitadas culturais

23.30 A durmir. Silencio

 
Actividades:  

Específicas de fútbol

  • Actividades de adestramento tendentes a mellorar a técnica individual e colectiva dos xogadores.
  • Iniciación dos principios tácticos básicos.
  • Adestramento específico dos porteiros.
  • Partidos de competición interna entre equipos. Os xogadores estarán mixturados e compostos por integrantes de diferentes concellos.

Outras actividades deportivas:

  • Natación, baloncesto, xogos tradicionais...

Actividades relacionadas co medio natural:

  • Estudo do ecosistema mariño das nosas rías. Problemáticas actuais.

Actividades culturais:

  • Visita á centros de interese cultural na comarca e na cidade de A Coruña.

 

Documentación que se entregará:

Documentación. Para formalizar a inscrición debes entregar no teu concello:

1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.

2.- Unha foto de carné.

3.- Fotocopia de documento de asistencia sanitaria.

4.- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.

5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do concello).

7.- No caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.

 
 
Prazo de inscrición nos concellos:

1ª e 2ª quenda......12 de xuño

3ª e 4ª quenda......19 de xuño


O Concello realizará un sorteo diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación.


Material recomendado
  • 1 par de botas de fútbol con tacos de goma ou multitacos (1 cm.). Non están admitidas as botas de tacos de aluminio nin tacos de plástico de rosca.
  • Equipamento para porteiros: pantalón longo,guantes e suadoiro.
  • Equipamento deportivo (chándales, suadoiros, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chancletas para a ducha, traxe de baño).
  • Roupa interior, pixama.
  • Roupa de rúa, pantalón, camisas, camisetas
  • Útiles de aseo (xabón, xampú, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante, toalla de baño.
  • Cantimplora.
  • Gorra e gafas para o sol.
  • Crema protectora ( mínimo factor 15)
  • Chuvasqueiro
  • Mochila

Información

Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña

Web da Deputación da Coruña: www.dicoruna.es

Tel.: 981 080 327 - 981 080 348 (Fax: 981 080 304)


No teu concello

 

Inscricións

NO TEU CONCELLO RESPECTANDO O PRAZO SINALADO

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS

Unha vez rematados os prazos de inscrición o concello realizará o sorteo público diante do seu secretario.

 

QUENDAS
QUENDA 1:

Do 29 xuño ó 5 de xullo


Prazo de inscrición: 12 de xuño

As Pontes de García Rodriguez
Mañón
Ortigueira
Cariño
Cedeira
Cerdido
Valdoviño
Moeche
San Sadurniño
Neda
Mugardos
Fene

 

A Capela
Ares
Cabanas
Pontedeume
Vilarmaior
Miño
Monfero
Irixoa
Bergondo
Paderne
Coirós
Aranga
Curtis
 
QUENDA 2:

Do 6 ó 12 de xullo


Prazo de inscrición: 12 de xuño

Cambre
Culleredo
Arteixo
Oleiros
Sada
Cerceda
Melide
Abegondo
Betanzos
Ordes
 

Frades
Boimorto
Toques
Santiso
Arzúa
Oza dos Ríos
Cesuras
Mesía
Vilasantar
Sobrado dos Monxes

 
QUENDA 3: 

Do 13 ó 19 de xullo


Prazo de inscrición: 19 de xuño

Carballo
A Laracha
Malpica
Ponteceso
Cabana de Bergantiños
Coristanco
Laxe
Zas
Camariñas
Vimianzo
Muxía

Cee
Dumbría
Fisterra
Corcubión
Tordoia
A Baña
Negreira
Outes
Muros
Carnota
Santa Comba

 
QUENDA 4: 

Do 20 ó 26 de xullo


Prazo de inscrición: 19 de xuño

Ribeira
A Pobra do Caramiñal
Boiro
Rianxo
Dodro
Padrón
Teo
Vedra
Boqueixón
Touro
O Pino

Oroso
Val do Dubra
Ames
Brión
Noia
Rois
Lousame
Trazo