Europa
21/05/2013
Catherine Ashton fixo unha declaración en nome da Unión Europea con motivo do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia:
 
"Con motivo do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia, desexo reafirmar o compromiso da UE coa igualdade e a non discriminación. En moitos países, a identidade de xénero e a orientación sexual continúan utilizándose como pretexto para cometer graves violacións dos dereitos humanos. Lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais (LGBTI) seguen sendo vítimas de persecución, discriminación, graves malos tratos e, a miúdo, violencia extrema..."
21/05/2013
O Banco Europeo de Investimentos (BEI) apoiará o programa de investigación, desenvolvemento e innovación (I+ D+ i) de Repsol S.A. cun crédito de 200 millóns de euros. A vicepresidenta do BEI, Magdalena Álvarez Arza e o presidente de Repsol, Antonio Brufau asinaron en Madrid o correspondente contrato de financiamento.
 
A maior parte das actividades contempladas no programa de I+ D+ i levarán a cabo nas instalacións que Repsol ten en España, no seu Centro Tecnolóxico de Móstoles, en cooperación activa con universidades e empresas de tecnoloxía. Os investimentos desenvolveranse no período 2013-2016
21/05/2013
Este mércores 22 de maio terá a oportunidade de debater sobre a protección de datos cun dos principais actores da reforma lexislativa en curso: o eurodeputado verde alemán Jan Philipp Albrecht. A conversa en liña realizarase a través do perfil en Facebook do Parlamento Europeo e comezará ás dez e media da mañá.
 
Internet, os teléfonos móbiles e as redes sociais facilitaron a procura de información persoal. Todo cidadán do montón podería quedar sorprendido se soubese por completo quen utiliza os seus datos persoais e para que. Manter a salvo a privacidade é cada día máis importante
 
 
21/05/2013
O presidente Schulz anunciou o seis candidatos elixibles para o posto de Defensor do Pobo Europeo. Schulz anunciou que se recibiron oito candidaturas antes da data límite que era o 8 de maio, das cales seis eran elixibles.
 
En orde alfabética, son as seguintes: Alex Brenninkmeijer, Markus Jaeger, Ria Oomen-Ruijten MEP (EPP, NL), Emily O'Reilly, Dagmar Roth-Behrendt MEP (S&D, DE), and Francesco Speroni MEP (EFD, IT).
 
Os candidatos serán escoitados polo Comité de Peticións do 18 de xuño e o novo defensor elixirase na sesión plenaria de xullo
21/05/2013
O presidente do Consello Europeo, Herman Van Rompuy, pediulles hoxe aos vinte e sete que fagan un esforzo no cumio que celebran mañá os seus xefes de Estado e de Goberno para impulsar a loita contra a evasión fiscal.
 
"En tempos de restricións orzamentarias e recortes do gasto, a loita contra a fraude fiscal e a evasión de impostos é máis que unha cuestión de equidade fiscal", sinalou Van Rompuy na súa carta de invitación á reunión destinada aos líderes dos Estados membros
máis...