
O edificio está situado nun terreo, no que hoxe en día existe unha explotación de maceiras. O exterior está rodeado de prados e piñeiros. Chégase por unha estrada de falsos plátanos e carballos ata unha praza na que se atopa o portal de entrada ó recinto amurallado. Está composto por dúas torres de tres alturas unidas polo núcleo do edificio de só dúas plantas. Destacan como elementos significativos os escudos que aparecen nas torres e a cantería dos muros perfectamente labrada.
Recentemente foi adquirido pola Deputación da Coruña, e encóntrase en fase de restauración.
Horarios de visita
Todos os días de 10:00 h a 21:00 h Teléfono de atención: 670 292 720
En colaboración coa Asociación Neria