galego | español
Inicio > Deputación > Patrimonio

Dolmen de Cabaleiros

Ver no mapa

Está situado dentro dun peche de cachotería. Conserva restos da mámoa que aparece cuberta de herba, e nos arredores pódense ver piñeiros de gran tamaño.
Popularmente, é coñecido como “Casa da Moura” que, segundo as lendas levou a tampa na cabeza dende moi lonxe, mentres coas mans tecía un vestido. Conserva seis chantas dunha cámara poligonal de 3,10 x 2,70 m., e unha altura de 1,70 m.
A lousa de cubierta, de case 4 x 3,40 m., ten un grosor considerable.
Non foi excavada ata o momento polo que, en caso de existi-locorredor atoparíase baixo a mámoa.

Días de visita

Fins de semana (sábados e domingos) e festivos, horario: de 12 a 17 horas.

Entre o 24 e o 31 de decembro de 2011, todos os días de 12 a 17 horas