
Esta fortaleza medieval, situada ó pé da estrada da Coruña a Fisterra, ten forma poligonal irregular con catro torreóns orientados ós catro ventos.
A torre, situada ó leste, ten unha pequena porta de acceso a nivel do patio pola que se baixa ó soto do torreón; é a de maiores dimensións e conserva a cantería máis antiga.
A torre máis alta é a sur; a principal, ou da homenaxe, que domina o acceso ó castelo.
Dando ó patio atópase unha edificación en forma de L,que apoia nas murallas e torreóns norte e leste.
Tódalas murallas do castelo están rematadas por elegantes ménsulas que soportan as ameas e permiten a existencia de matacáns.
As últimas intervencións, sendo propiedade da Deputación da Coruña, proxectounas e dirixiu o arquitecto Luís Gorozarri del Valle.
Mostras de liño e encaixe
Todos os días de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas.
Mostras de oleiría, pratería, sombreiros, cantería, coiro, cestería, zocos, maquetería de barcos
Fins de semana (sábados e domingos) e pontes. Horario: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas.
Punto de información a visitantes no Castelo.
Teléfono de atención no Castelo: 981 716 354
En colaboración co Concello de Vimanzo