galego | español
Inicio > Deputación > Economía e facenda

Conta Doada

A axeitada contabilización e documentación da xestión económica das entidades non é só unha obriga inmediata dos que reciben fondos públicos, senón tamén unha responsabilidade que os xestores asumen fronte ó colectivo que representan ou ó que dirixen as súas accións.

Por iso, dende a Deputación da Coruña encargamos unha aplicación informática por partida simple á que asinamos o nome de "Conta Doada". Esta aplicación ponse a disposición das entidades sin ánimo de lucro da provincia.

Estamos a piques de adxudicar o contrato de actualización do programa, o cal ten un prazo de execución de 6 meses, polo que contamos con tela colgada aquí na web nos primeiros días do outono.
 
Organizaremos cursos para explicar o seu funcionamento, os cales pensamos que se poderán realizar no derradeiro trimestre de 2012, así como ó longo de 2013.
 
Para calquera dúbida relativa á instalación da aplicación ponse a disposición o enderezo de correo conta.doada@dicoruna.es