Campaņa de vela 2009
27/04/2009
Campaña de Vela 2008

 Ficha de inscrición [PDF]

 

Díptico

 

Cartel

 

 Información xeral

 

Indumentaria

 

 Actividades

 

 Inscrición. Datos xerais

 

 Quendas

 

 Prazos de inscrición nos concellos

 
Información e inscricións no teu concello 
Gabinete de deportes da Deputación.
Telf.: 981 080327 - 981 080348 Fax.: 981 080304
www.dicoruna.es
email: cultura.deporte@dicoruna.es

INFORMACIÓN XERAL

Lugar: zona marítima protexida do concello.
Duración: unha semana, de luns a venres, ambos inclusive.
Distribución dos grupos:

Grupo A pola mañá de 10.00 a 14.00 horas.
Grupo B pola tarde de 16 a 20.00 horas.

A incorporación e regreso dende as instalacións náuticas correrá a cargo dos participantes.
 
DESTINATARIO
 
Rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertencentes ó ámbito comarcal dos concellos sedes.
 
COTA DE INSCRICIÓN
 
25 €. Ingresarase na conta Caixanova 2080 0025 42 0040022256, facendo constar: CAMPAÑA DE VELA 2009

INDUMENTARIA

 

Os nenos/as deberán traer zapatillas deportivas, roupa cómoda e unha prenda de abrigo.
Aconséllase que traian unha mochila con roupa para cambiarse ó finalizar a actividade.
A organización facilitará chaleco para todos os participantes.
 

 

 

ACTIVIDADES

No programa “CAMPAÑA DE VELA 2009” participarás en moitas actividades relacionadas coa navegación, entre as que podemos destacar:
 
Iniciación ós conceptos teóricos da navegación a vela.
Iniciación ó coñecemento básico dos nós mariños.
Realización práctica de navegación a vela.

INSCRICIÓNS. DATOS XERAIS

Inscrición: no teu concello.
Documentación: para formaliza-la inscrición debes entregar no teu concello:
 
  • Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante, no caso de ser menor de idade.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Copia de aboamento da cota de inscrición (posterior ó sorteo público e confirmación de praza por parte do concello).
  • No caso de tratamento médico ou doenza que se deberá ter en conta: xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
 


QUENDAS




QUENDAS

CONCELLOS

PRAZO DE INSCRICIÓN

1ª quenda:

29 xuño-3 xullo

MUXIA

22 de xuño

2ª quenda:

6-10 de xullo

BOIRO

29 de xuño

3ª quenda:

20-24 de xullo

SADA

13 de xullo

4ª quenda:

27-31 de xullo

CARIÑO

20 de xullo

5ª quenda:

17-21 de agosto

FISTERRA

10 de agosto

 

Prazo de inscrición no concello: 7 días antes do comezo das actividades, nas oficinas municipais.
A adxudicación das prazas realizarase unha vez rematado o prazo de inscrición e con posterioridade ó sorteo público.