|
Ambición intelectual, coñecemento rigoroso e mecenado empresarial
xúntanse nunha iniciativa municipal. A exposición “Sempre en Rianxo,
sempre en Galiza” foi o resultado de actitudes e intereses que fixeron
posibel a innovación cultural nun proxecto inaugurado en 2001.
Ía ser
o centenario dun imortante persoeiro nacido alí e en Rianxo pensaron
en facer unha exposición. “Se reproducides unhas fotos con algún
pé explicativo, poderíase facer itinerante”. Isto foi a encomenda
que recibimos do alcalde e concelleiro de cultura. A exposición
podería circular por bibliotecas municipais que tiveran algún espazo
no corredor, quizais podería visitar algún colexio e se cadra algunha
casa da cultura…
Pero,
¿Por que non dar un paso máis, ou dous? ¿Por que non redefinir a
encomenda? Os deseñadores sabíamos que Rianxo é un prodixio e, como
dí o seu alcalde na presentación do libro da exposición, “posiblemente
non haxa na xeografía universal outro caso coma este: sen saír dos
estreitos lindes dun concello pódese explicar a historia literaria
dun país, sempre con plumas senlleiras”. E aínda máis: se o concellovai
facer un esforzo, por que non tirar máis partido; mostremos a obra
dos rianxeiros todos coma un todo coherente. Sabíamos tamén que
para esta tarefa podíamos contar co coñecemento rigoroso e o entusiasmo
todo do noso amigo, o académico rianxeiro Xosé Luís Axeitos. Compre
decir tamén que na nosa redefinición da ecomenda municipal contábamos
con que a técnica avanza e xa daquela, ano 1999, era posibel a impresión
de grandes formatos en plóter para exteriores. Se os montábamos
sobre un soporte axeitado poderíamos plantexar unha exposición a
ceo aberto. Se non podemos mostrar pezas, obxectos e documentos
orixinais, se todo van ser reproducións, tanto ten que chova por
elas como que lles bata o sol. Poderíamos levar aos rianxeiros ilustres
por rúas e prazas de Galiza, saíndo ao encontro do público, sen
agardar por ninguén que entrara a visitalos nalgún recanto pechado.
E a esta
nosa ambición profesional, incentivada, todo hai que dicilo, por
vínculos afectivos coas terras rianxeiras, o alcalde Pedro Piñeiro
respostou con igual ambición na xestión: o mecenado dunha empresa
privada podería facer realidade aquel proxecto que ía tomando forma
e forza polo camiño da innovación cultural. Aluminios Cortizo, por
medio de Xosé Manuel Cortizo, presidente do seu consello de dirección
e ligado a Rianxo por motivos afectivos e mesmo empresariais, entendeu
axiña que o alcalde estaba a demandar un socio para unha iniciativa
senlleira que pretendía sobordar o ámbito local e que xa desde o
seu título —Sempre en Rianxo, sempre en Galiza”— pretendía interesar
a todos os galegos. A ilusión compartida con concelleiros e técnicos
municipais de cultura fixo posible a complexa xestión, producción
e organización deste artefacto cultural.
|

O
cartaz da exposición recolle a pluma
de Castelao sinalando a vila de Rianxo
|
Sólido
e versátil
Unha
estructura resistente e sólida, un volume nídio e un módulo versátil.
Estos foron os obxectivos que se propuxeron acadar os arquitectos
Alfonso Salgado e Francisco Liñares, propoñendo tamén diferentes
disposicións dos sete cubos de 2,50 m de lado, que sustentan e organizan
o discurso expositivo. |
Saír ao encontro
Os visitantes
pasaban por alí. Moito do público que veu a exposición non pensaba
vela. A curiosidade, incentivada por textos e imaxes conseguiu reter
algúns minutos ao viandante; xa é moito. Outros, mesmo coa sorpresa
do encontro no medio da rúa, disfroitaron co paseo entre os cubos
e fixeron unha visita demorada. Vigo, Pontevedra, Marín, Boiro, Santiago
e, como nón, o propio Rianxo, foron algúns lugares que visitou a exposición,
sempre co concurso do concello anfitrión no traslado e montaxe. |