![]() |
BARREIRO RIVAS, X. L. (2004): A terra quere pobo. Vigo, Galaxia. Ensaio sociopolítico que nos proxecta cara novas oportunidades históricas que nos permitan alcanzar a nosa propia identidade como pobo, situándonos no seno de espazos políticos en construción que nos convidan a espazar o territorio superando as falencias e as disfuncións dun mapa territorial esgotado polo seu caos habitacional, o seu feísmo urbanístico, a súa desestruturación minifundista e localista etc. |
![]() |
RODRÍGUEZ GUTIÉRREZ, F. (1999): Manual de Desarrollo Local. Gijón, Trea. Para os actores sociais que protagonizan a vida dos municipios, os artigos que compoñen este manual proporcionan teorías, métodos, procedementos, ferramentas e recursos para a promoción do desenvolvemento local. |
![]() |
VARIOS AUTORES (2005): 25 anos de democracia municipal. Gijón, Trea. Texto imprescindible para desafiar os novos retos da gobernación municipal incorporando á práctica técnica e política as modernas ferramentas de planificación e xestión territorial das vilas e das cidades. |
![]() |
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, ROMÁN (coord., 2004): Os concellos galegos para o século XXI. Santiago de Compostela, Servizo de publicacións da USC (2 volumes). Estudo elaborado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia que analiza a viabilidade técnica, económica e social dun hipotético proceso de fusión políticoadministrativa e económico-financeira dos concellos galegos, tomando Deza como comarca experimental. |
![]() |
PARCERISA, A. (2000): Didáctica de la Educación Social. Enseñar y aprender fuera de la escuela. Barcelona, Graó. Texto que achega aos seus lectores á caracterización dunha didáctica para a Educación Social vinculada á elaboración de proxectos institucionais para a práctica da acción socioeducativa municipal. |
ESCUDERO, JOSÉ (2005): Análisis de la realidad local. Técnicas y métodos de investigación desde la animación sociocultural. Madrid, Narcea. Un texto orixinal e creativo, cheo de ideas e de suxestión, para ser empregado por aqueles que apostan polo desenvolvemento comunitario.
![]() |
PÉREZ SERRANO, G.; PÉREZ DE GUZMÁN PUYA, M. V. (2005): El animador. Buenas prácticas de acción sociocultural. Madrid, Narcea. Recente publicación que aborda as funcións da figura do animador sociocultural e as técnicas propias da súa actuación profesional, presentando unha sistematización dos aspectos teóricos e prácticos que supón a súa práctica. |
PÉREZ SERRANO, G.; PÉREZ DE GUZMÁN PUYA, M. V. (2005): Qué es la animación sociocultural. Madrid, Narcea. Aproximación á conceptualización da animación sociocultural, diferenciando a figura do animador sociocultural e resaltando as súas particulares características a partir da súa orixe, evolución histórica e fundamentación antropolóxica, sociolóxica, psicolóxica e axiolóxica.
![]() |
FERNÁNDEZ GARCÍA, T.; GARCÍA MOLINA, J. (coords.) (2005): Multiculturalidad y educación. Teorías, ámbitos, prácticas. Madrid, Alianza Editorial. Libro que expón os principios teóricos da educación intercultural, xunto coas varias experiencias educativas que ilustran o lugar daquela na sociedade actual. |
![]() |
MARTÍNEZ TEN, AMPARO E GARCÍA MARÍN, CARMEN (2005): Jugando en paz. Narcea, Madrid. O lúdico como actividade primordial para a infancia é retomado neste libro co obxecto de contribuír ao seu desenvolvemento como cidadáns pacíficos capaz de resolver os conflitos dunha forma non violenta dende unha cultura de paz. |
![]() |
LÓPEZ SUÁREZ, M. A., SEOANE RODRIGUEZ, J. A. (2001): Normativa jurídica básica de las personas con discapacidad. A Coruña, Fundación Paideia. Obra que presenta unha panorámica do tratamento dispensado polo ordenamento xurídico español e autonómico ás persoas con discapacidades, así como nas normativas do dereito privado, laboral, penal, administrativo, financeiro, tributario e socio-sanitario. |
GALLEGO, L.; FERNÁNDEZ, D. (2001): Discursos profesionales de las Ciencias de la Salud, Educación y Trabajo Social sobre la discapacidad psíquica. A Coruña, Fundación Paideia. Mostra as perspectivas e as representacións sociais subxacentes ao discurso científico da discapacidade a través de entrevistas e de grupos de discusión con profesionais que traballan no terreo con persoas discapacitadas.
![]() |
Barcelona educación é un boletín electrónico mensual do Instituto Municipal de Educación de Barcelona que testemuña as diversas iniciativas educativas que teñen lugar no territorio municipal da cidade educadora condal, e potencialmente transferibles aos nosos territorios. |
![]() |
Aprender a olhar é a primeira revista cultural portuguesa destinada á infancia e á xuventude que de dous en dous meses pon a disposición do profesorado e das familias un conxunto de recursos pedagóxicos para achegar a cultura aos máis cativos en linguaxes, formatos e contidos apropiados para eles (contos infantís, biografías de artistas, actividades lúdicas etc.). |
Lars, cultura y ciudad é unha nova revista cultural do panorama editorial español que abrangue diversas manifestacións das culturas urbanas conformadas pola configuración arquitectónica das cidades, sendo de recomendada lectura para os responsables da planificación municipal dos espazos que habitamos.
![]() |
Iniciativas 21 é a revista publicada pola fundación galeguista e socialdemócrata do mesmo nome onde poden atoparse reportaxes socioculturais e medioambientais de interese para os técnicos e políticos dos municipios galegos, xunto cunha interesante sección dedicada aos creadores galegos nas artes plásticas, escénicas, musicais e audiovisuais. |
Etno-folk. Revista galega de etnomusicoloxía especializada na música tanto vocal como instrumental de carácter étnico e folclórico, que forma parte do proxecto empresarial Dos Acordes para as ensinanzas musicais e a edición de materiais impresos e sonoros.
![]() |
Batonga! Revista mensual especializada nas músicas do mundo que pode ser subscrita a través da súa páxina web. |
Entorno Social. Publicación independente de entrevistas e reportaxes de actualidade no eido dos Servizos Sociais que conta cunha edición dixital dispoñible on-line (http://webold.entornosocial.es/) onde poden consultarse iniciativas pioneiras e innovadoras no tocante ás políticas de benestar social promovidas dende o ámbito municipal.
![]() |
http://www.femp.es/index.php/femp/areas_de_gesti_n/ servicios_locale s/educaci_n_deportes_cultura_y_juventud Espazo web das Áreas de Educación, Cultura, Deportes e Xuventude da FEMP que permite descargar os documentos de actualidade, as normativas legais e os plans de actuación que concirnen a municipios e provincias. |
![]() |
http://cultura.gencat.net/index.htm Web do Departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya que ofrece un prolixo inventario de fontes documentais especializadas nos ámbitos das políticas culturais, socioloxía da cultura, economía da cultura, xestión cultural, infraestruturas e equipamentos culturais etc. |
![]() |
http://www.ccb.pt/ccb/cgi-bin/magazine/index.php Magazine electrónico semanal do Centro Cultural de Belém de Lisboa que está ao tanto da actualidade das tendencias artísticas do noso contorno, alén de difundir experiencias e recursos de utilidade para a acción cultural nas rexións do eixo atlántico. |
![]() |
http://edu.aytolacoruna.es/ Intranet Educativa Municipal do Concello de A Coruña de utilidade para os interesados en descubrir e experimentar as posibilidades educativas que ofrecen as Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación para o desenvolvemento das políticas municipais. |
![]() |
http://www.culturagalega.info/ Portal que conta cun directorio de compañías teatrais, produtoras, fundacións, padroados, salas de exposicións... e cunha galería con cartafoles profesionais dos novos ilustradores, gravadores, fotógrafos, escultores, artesáns e pintores emerxentes. |
![]() |
http:/unctad.org/ Portais de iniciativas e experiencias para o fomento da creatividade na cidadanía.+ |
INTEREA VISUAL. NORMAS PARA A ADMISIÓN DE COLABORACIÓNS
1. A extensión máxima dos artigos presentados para a revista non poderá exceder as 3 páxinas, en DIN A4 numeradas, a dobre espazo, en caracteres Times New Roman, incluidos gráficos, cadros ou bibliografia. As imaxes entregaranse por separado indicando con claridade no texto o lugar en que deben ser incluídas. Xunto a unha copia impresa en papel, envíarase outra en disquete de 3,5 pulgadas, preferiblemente no programa WORD para PC. Na presentación do traballo non se utilizarán tabuladores e sangrías, evitando en todo momento, unha rnaquetación previa deste, responsabilidade dos editores de interea visual.
2. Cada traballo debe ir acornpañado dunha páxina que conteña o título do traballo, nome completo do autor/a ou autores/as, centro de traballo, enderezo completo.
3. Para as referencias bibliográficas, os autores mencionarán en texto o apelido do autor, data e páxina, con remisión a unha bibliografia final das obras citadas, sexan libros (Brook, 1993, 32) ou publicacións periódicas (Pérez Rasilla, 7001, 45).
Brook, P. (1993): There are no secrets, London, Methuen Books.
Pérez Rasilla, E (2001): "¿Somos tan malos os críticos?", Revista Galega de Teatro 28, Cangas do Morrazo, pp.44-46.
4. Os autores/as poden utilizar notas a rodapé en función das necesidades de exposición, pero as referencias bibliográficas seguirán sempre a norma anterior, incluindo o apelido ou apelidos do autor/a, ano de publicación da obra e páxina ou páxinas se fose o caso. No caso de varios traballos nun mesmo ano, utilizaranse letras para diferenciala (Brook, 1993°, 1993b). Na bibliografia final tamén se incluirá a mesma letra.
5. As citas, cando sexan curtas, irán incluidas entre comiñas no corpo central do texto, precedidas da referencia bibliográfica correspondente (Brook, 1993, 12). Se son longas irán en parágrafo independente sangrado, con letra dun corpo máis pequeno, precedidas igualmente da referencia bibliográfica (Brook, 1993, 12 -13).
6. Os artigos que non reúnan estes requisitos, serán devoltos aos seus autores/as para a súa adecuación ás normas de edición da revista.
7. Os orixinais recibidos serán sometidos a revisión, cando menos, por dous avaliadores do Consello Científico-Asesor, en función dos seus coñecementos sobre a materia de que trata o traballo, garantíndose o anonimato de todos eles. A aceptación definitiva dos materiais depende do Consello Científico-Asesor de interea visual.
8. Os traballos enviaranse ao enderezo da revista: interea visual, Facultade de Ediucación, Despacho PB08, Campus Elviña, 15071 A Coruña. Tel: 981 167 000 · ext.1897.
interea visual agora tamén en formato dixital: www.dicoruna.es/cultura